Abril de 2014
 
 

NÚMERO 229 - 28/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Roupa de traballo
Nestes pasados días os poucos compañeiros que quedan aínda laboralizados recibiron as cartas para facer efectiva a roupa á que teñen dereito segundo establece o Convenio Colectivo. Os que recentemente nos funcionarizamos seguimos á espera e desconfiando de que se nos proporcione. Agardo que a Xunta de Persoal entenda a inquedanza que a moitos de nós produce esta circunstancia e urxa á Xerencia a roupa á que temos dereito.

 

Corrupción
Limpar a corrupción farase cando haxa unha vontade firme en dirixentes e cidadanía para que desapareza. Recorrer a debates, comparecencias, acordos de Estado, etc. son só escusas porque non hai esa vontade.
Segundo: a actual casta política dirixentes está tan envellecidas, intelectual e moralmente, que é incapaz de rexenerar a vida política e limpar o país de corrupción. Váianse!
Fáganse os cidadáns un compromiso con eles mesmo: NON VOTAR A NINGUNHA LISTA EN QUE HAXA UN SOSPEITOSO DE CORRUPCIÓN. E se algún/ha saíu elixido/a ESÍXASE a SÚA DIMISIÓN INMEDIATA. É isto un camiño máis longo pero máis efectivo. A casta dirixente só quere enganarnos.

Revolución dos caraveis
Os nosos veciños portugueses tombaron o ditador, o noso morreu na cama. Tan preto e tan lonxe, ambos os dous países deberiamos replicar no político a unidade xeográfica que fai ridícula a fronteira ficticia que nos separa. Soa ben unha Iberia unida, feita de "fraternidade" na fecunda diversidade que nos caracteriza. Temos case todo en común, tamén os intereses ante unha Europa que nos quere pequenos para non nos temer. Ogallá o espírito da Revolución dos Caraveis volva alentar, esta vez en toda Iberia.

Emprego
O que está a facer o goberno de Rajoy, e o grande empresariado que o asesora, non ten mérito ningún. Cal é o mellor xeito de crear emprego?. De toda a vida, baixar salarios e eliminar dereitos laborais. E canto máis se afonde nese camiño, máis emprego se creará, ata chegar directamente á escravitude, momento en que, sen dúbida, alcanzariamos o pleno emprego. Que haxa que rodear de tantos asesores, economistas, catedráticos e grandes empresarios, todos eles con soldazos estratosféricos, para chegar a semellante conclusión, define moi ben o nivel de estulticia dos que nos gobernan. E así nos vai.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript