Abril de 2014
 
 

NÚMERO 229 - 28/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  PAGA EXTRA DE DECEMBRO DE 2012
 

O Tribunal Supremo cuestiona a constitucionalidade do recorte da extra de 2012

O Tribunal Supremo ven de cuestionar a retroactividade do recorte na paga extra de decembro de 2012 ao persoa funcionario e, como xa vos informamos, resolveu formular cuestión de constitucionalidade ao Tribunal Constitucional pois considera que pode existir unha infracción na aplicación retroactiva da supresión da dita paga

 

  • Noticias relacionadas

Non dubidamos de que o pronunciamento sobre as demandas ou conflitos colectivos interpostos polo persoal laboral das administracións públicas terá un pronunciamento semellante.
 
Instamos, coa forza que dá o recoñecemento de todos os tribunais comezando polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia à Universidade a que reclame á Xunta de Galicia, de xeito inmediato e de forma contundente, o orzamento necesario para facer fronte ao devengo das cantidades que ilegalmente nos roubaron.
 
Esiximos, tamén, ao equipo de goberno da Universidade que desista das demanda interpostas que o único que provocan é un retraso na devolución das cantidades recortadas.

  

Auto do Tribunal Supremo

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript