Abril de 2014
 
 

NÚMERO 229 - 28/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  FRANCIA APLICA AS RECEITAS NEOLIBERAIS
 

Francia recortará 10.000 millóns de euros ao sistema de saúde público

Os recortes sociais previstos no novo programa do goberno francés afectarán tamén ao sistema de saúde público, ao cal lle recortarán 10.000 millóns de euros en tres anos, segundo confirmaron este venres autoridades do sector.

 

  • Noticias relacionadas

 

"O seguro médico terá que apertar o cinto un pouco máis", é o título do diario Liberación, mentres Le Monde sinala que se trata de "un recorte sen precedentes nese sector".
 
Nunha entrevista concedida este venres, a ministra do ramo, Marisol Touraine, prometeu que a redución de gastos se fará "sen baixar a calidade dos servizos".
 
Segundo Touraine, a estratexia é evitar as hospitalizacións innecesarias e diminuír os gastos en medicamentos, a través do fomento do uso de xenéricos.
 
Os recortes en Saúde forman parte do programa presentado polo novo primeiro ministro Manuel Valls, que prevé recortar 50.000 millóns de euros nos presupostos estatais durante os próximos tres anos.
 
Este paquetazo neoliberal, que responde ás presións da coñecida como Troika, conformada polo Banco Central Europeo (BCE), o Fondo Monetario Internacional (FMI) e a Comisión Europea (CE), contempla tamén a conxelación de salarios e pensións, entre outras medidas.
 
O proxecto será sometido a votación o próximo martes na Asemblea Nacional.
 
PL

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript