Abril de 2014
 
 

NÚMERO 229 - 28/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

A loita, o único camiño

O pasado día 24 a Alternativa de PAS Asemblearia (APA) remitiu a todos os sindicatos con representación tanto na Xunta de Persoal de PAS como no Comité de Empresa de PAS a iniciativa de aproveitar o día do Claustro, 6 de maio, para realizar unha protesta contra a intención da Universidade de recortar o vindeiro ano a acción social.

 

  • Noticias relacionadas

A esta iniciativa engadímonos inmediatamente sinalando que se podía ampliar o ámbito da protesta á esixencia de devolución de, polo menos, a parte devengada da paga extra de 2012 tal e como reflicten as sentenzas xa existentes, e, outra cousa que nos preocupa moito é o movemento de persoal que, de xeito moi habitual se fai en Ferrol con cambios de quenda e incluso de centro, así como no caso acontecido nos servizos informáticos.
 
A día de hoxe, ao peche da edición do PASquín, só nós, a CUT, respondemos apoiando a iniciativa..
 
Agardamos que a proposta non caia en saco roto, da nosa mobilización dependerá que consigamos que o equipo reitoral reconsidere a intención de recortar unha vez máis a acción social.
 
Hai que facerlle cumprir á institución o establecido na RPT, os traballadores e traballadoras non somos pezas dun xadrez que se moven a vontade da Xerencia, Vicexerencia ou vicerreitor de turno.
 
Tamén temos que conseguir, neste caso está demostrado que tamén ten que ser a base de mobilizarnos, que o reitor sexa contundente diante da Xunta de Galicia á hora de reclamar o diñeiro necesario para facer fronte á devolución do diñeiro que ilegalmente nos recortaron
 
Como se ve temos razóns para nos mobilizar, o día 6 é o momento propicio.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript