Abril de 2014
 
 

NÚMERO 229 - 28/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  VERDEGAIA
 

O PP aproba en solitario o ditame da comision sobre o borrador da nova Lei do Solo

Este 15 de abril o grupo parlamentario do PP apoiou, en solitario, o seu ditame coas conclusión e propostas da Comisión Parlamentaria sobre a nova lei do solo.

 

  • Noticias relacionadas

 

A oposición votou en contra deste ditame alegando que a Comisión para analisar a reforma da lei do solo fora un paripé. Na Comisiòn de estudo sobre o borrador da nova lei do solo e para a elaboración dunha nova lei  foron invitados a participar, a petición dos distintos grupos parlamentarios , xentes dos distingos grupos agrarios, do colexio de arquitectos de Galicia, do colexio de inxeñeiros, do FEGAMP e de grupos ecoloxistas entre outros.
 
Estas comparecencias celebráronse entre os meses de xaneiro e febreiro, onde cada un dos grupos participantes deu a súa opinión sobre esta nova reforma da lei. Verdegaia participou na citada Comisión o 27 de febreiro onde analisou o borrador da lei e amosou o seu rexeitamento.
 
Visto o resultado desta Comisión, temos que denunciar que unha vez máis o PP pretende sacar en solitario e sen o consenso do resto dos grupos políticos nin das organizacións sociais unha lei de grande transcendencia para o País.
 
Denunciamos tamén que a Comision da lei do solo foi simplemente un lavado de cara do grupo no goberno e que se fixo caso omiso das achegas alí realizadas, sempre que non estivesen na liña do que eles defenden e pretenden.
 
Unha vez máis o goberno actual fixo o que mellor sabe facer, modificar toda aquela lexislación que non responda aos seus intereses particulares.
 
De saír adiante esta lei, o desastre para a nosa terra está servido.
 
Incluimos o posicionamento de Verdegaia sobre o borrador da lei do solo defendido ante a Comisión.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript