Abril de 2014
 
 

NÚMERO 229 - 28/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  USC e UVigo
 

Eleccións de reitor na USC e na UVigo

Nas eleccións de reitor nas universidades de Vigo e Compostela o PAS tivo un comportamento ben distinto en cada unha das universidades. Na Universidade de Vigo, realizadas o día 1 de abril, os votos en branco superaron con moito aos votos ao único candidato. Na Universidade de Compostela, o día 25 de abril, cunha participación moito máis elevada o voto do PAS foi importante á hora de decantar o triunfo dun ou de outro dos candidatos. O escrutinio foi moi igualado sendo elixido reitor finalmente Viaño Rey, Juan Manuel.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na UVigo case 22.500 persoas --entre estudantes, persoal docente e investigador e PAS-- tiñan dereito ao voto.Tras o escrutinio, constatouse que só 1.950 persoas --un 8,6% da comunidade universitaria-- exerceron ese dereito ao voto --o que supón un 14% menos de participación que nas anteriores eleccións--, das que 751 apoiaron a candidatura de Mato, mentres que se rexistraron 908 votos en branco e 291 votos nulos.
 
A pesar do manifesto rexeitamento que supón o voto en branco e nulo e da baixa participación na entrevista posterior ao escrutinio manifestou cinicamente que  poden significar "moitas cousas, dende o escepticismo, a unha expresión de neutralidade, un voto de castigo... ", en todo caso destacou que "o denominador común é que a xente foi a votar e participou", algo que estivera a pedir durante toda a súa campaña electoral, que deu comezo o pasado 18 de marzo.
 
En Compostela Juan Manuel Viaño Rey impúxose co 50.53% do voto ponderado a Antonio López Díaz que obtivo o 49.47%. Como constata o resultado definitivo a votación foi moi reñida e o reitor cambiou de cara en varias ocasións durante o escrutinio. O voto do PAS decantouse maioritariamente, cun 67,78% dos votos, a favor de Antonio López.
 
Persoal de administración e servizos     
Censo:1312
Votos emitidos: 967
Votos válidos: 941
Votos en branco: 165
Votos nulos: 26
Participación: 73.70%

Proclamación provisional do reitor electo
 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript