Abril de 2014
 
 

NÚMERO 229 - 28/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

Visibilizando as consecuencias de "Dous anos de reforma sanitaria: máis vidas humanas en risco"

Neste mes de abril comemórase o Día Internacional da Saúde, que cada ano presta atención a cuestións relevantes de saúde pública no ámbito internacional.

 

  • Noticias relacionadas

 

Paralelamente, no Estado Español cúmprense dous anos da entrada en vigor do Real Decreto 16/2012, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións, que entre outras medidas deixou fóra do sistema sanitario as persoas inmigrantes en situación irregular, o que supón unha ruptura co modelo vixente até o momento, que pretendia garantir o dereito de sanidade universal.
 
Médicos do Mundo considera que o Goberno español debe pór en marcha de maneira prioritaria as medidas lexislativas, políticas e orzamentarias necesarias para restituír o modelo sanitario acorde co principio de Universalidade da asistencia sanitaria.
 
INFORME COMPLETO "Dos años de reforma sanitaria, más vidas humanas en riesgo"
EN: http://issuu.com/medicosdelmundespana/docs/impacto-reforma-sanitaria-medicos-d  

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript