Abril de 2014
 
 

NÚMERO 229 - 28/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALICIA
 

Esiximos a retirada inmediata do borrador de Código ético institucional

O Sr. Feijoo utilizou unha vez máis, de xeito ridículo aos medios de desinformación masiva para presentar un borrador de Código ético institucional co que se pretende desviar a atención pública dos innumerables casos de corrupción que anegan (enfangan, afogan) a práctica totalidade das institucións galegas.

 

  • Noticias relacionadas

 

O feito de entender a política como un negocio onde moitos queren facer o agosto e o intento de rematar coa administración pública están na raíz dos procesos abertos por corrupción pois son as externalizacións, as privatizacións e os pelotazaos urbanísticos onde está o foco principal da corrupción.
 
Entendemos, dende a nosa perspectiva, que é o propio sistema a orixe da corrupción pois fundaméntase no individualismo e na consecución do maior beneficio económico persoal por riba dos intereses colectivos sen importar o prexuízo que a consecución dese beneficio persoal poidan causar a outras persoas ou ao resto da sociedade
 
Neste contexto, mentres un montón de edís, alcaldes, altos cargos… están implicados en casos de corrupción (só na “operación Pokemon” hai máis de 100 imputados sobre todo do PP e PSOE) e ninguén dimite nin é cesado, reclamándose, incluso, desde o propio goberno galego a presunción de inocencia. No acto mediático organizado polo propio Feijoo crucifícase aos traballadores e traballadoras da Xunta como se estes fosen os culpables da corrupción que inunda as institucións.
 
Reclamamos a dimisión ou cese inmediato de todos/as os/as imputados en casos de corrupción
 
Reclamamos a inmediata retirada do proxecto de Código ético institucional que os corruptos nos queren impoñer.
 

 

Borrador de Código ético

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript