Abril de 2014
 
 

NÚMERO 229 - 28/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  ATTAC - Juan Torres
 

Outro éxito de Rajoy: rematar co sistema español de atención á dependencia

No ultimo mes de marzo o sistema de atención ás persoas dependentes en España perdeu 346 beneficiarios cada día, 10.720 beneficiarios en total.

 

  • Noticias relacionadas

 

Actualmente hai 923.258 persoas con dereito recoñecido a ser atendidas, 121.270 menos que en decembro de 2011 cando o PP chegou ao goberno (1.044.528 persoas entón).
 
O número de persoas efectivamente atendidas tamén se reduciu co goberno do PP,. pasando de ser 738.587 a 737.120
 
O máis vergonzoso é que o goberno fai trampa cando presenta os datos relativos á dependencia subliñando, coma se fose un éxito, que baixou a lista de espera e o número de persoas que esperan ser atendidas. Un descaro porque, como acabamos de ver, iso non se debe a que o sistema funcione mellor senón a que hai menos persoas beneficiarias porque se expulsan do sistema ou porque falecen antes de ser atendidas.
 
Hai uns días mostraba a falsidade dos datos de emprego (Os éxitos de Rajoy que marabillan ao mundo) e agora demóstrase o que de verdade está a facer o goberno da dereita con este outro dereito social: rematar pouco a pouco con el.
 
Máis información no comunicado da Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais que pode lerse aquí.
 
Ganas de escribir

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript