Abril de 2014
 
 

NÚMERO 228 - 14/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA
 

A Xunta despreza ao Valedor do Pobo

Como vos informamos no seu momento, o Valedor do Pobo admitiu a trámite unha queixa da Xunta de Persoal do Servizos Centrais da Xunta de Galiza diante da falta de resposta ás reiteradas solicitudes de reunión, información ou proposta de mellora realizadas aos distintos departamentos.

 

  • Noticias relacionadas

 

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais comunica que o Valedor do Pobo ven de sinalarlles que a Xunta de Galiza non contesta a meirande parte dos escritos.
 
O Valedor do Pobo forma parte dos órganos institucionais da Xunta de Galicia e esta está obrigada a atender os seus requirimentos. Con esta actitude a Xunta demostra o seu absoluto desprezo a este órgano de control, e confirma, tamén, o menosprezo para con as súas traballadoras e traballadores.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript