Abril de 2014
 
 

NÚMERO 228 - 14/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

Empresas españolas obteñen millóns de euros a custa de despedimentos

As empresas españolas que cotizan en bolsa repartiron en 2013 un total de 8.553 millóns de euros (11.775 millóns de dólares), tras o despedimento de 120.000 traballadores.

 

  • Noticias relacionadas

Segundo un recente informe da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), a maior parte dese diñeiro corresponde ás incluídas no Índice Bolsista Español (Ibex), cuxos dividendos sumaron en 2013 unha cifra de 7.830 millóns de euros (10.779 millóns de dólares), aínda que quedaron un 32,5 por cento por debaixo dos do exercicio precedente.
 
Entre tanto, os despedimentos de persoal concentráronse o pasado exercicio no sector de comercio e servizos, que paradoxalmente é o que repartiu un maior volume de dividendos: 3.045 millóns de euros (4.192 millóns de dólares), máis dun terzo do total.
 
Despois de deixar na rúa 120.000 persoas, ese sector perdeu un 18,3 por cento do seu emprego, moi lonxe do 1,4 por cento do enerxético e do 0,4 por cento rexistrado no financeiro.
 
As entidades de crédito e seguros pecharon 2013 con 440.185 traballadores, uns 2.000 menos que un ano antes, e iso non lles impediu gañar 13.198 millóns de euros (18.170 millóns de dólares) e repartir 2.472 millóns (3.403 millóns de dólares) entre os seus accionistas.
 
Nas empresas industriais que cotizan na Bolsa non só non se destruíron, senón que se crearon 2.117 postos de traballo netos, mentres que os beneficios crecían un 2.000 por cento, ao pasar de 31 millóns de euros (42.678.900 dólares) en 2012 a 602 millóns (828.797.000 dólares) en 2013.
 
Telesur

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript