Abril de 2014
 
 

NÚMERO 228 - 14/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  ECONOMÍA
 

O Estado Español é un dos países con maior presión fiscal aos traballadores

A presión fiscal sobre o emprego en España alcanzou de media en 2013 o 40,7% para un traballador sen fillos, 0,05 puntos porcentuais máis que en 2012, o que sitúa ao país por enriba da media do 35,9% da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).

 

  • Noticias relacionadas

Segundo a última edición do seu informe anual Taxing Wages, este repunte da presión fiscal sobre o emprego en España obedece a uns maiores impostos sobre a renda en 2012 e sitúao no posto 14 de 34 do conxunto de países membros da organización.
 
A axencia destaca ademais que a carga fiscal sobre o emprego en 2012 incrementouse en 2,1 puntos porcentuais en comparación co ano 2000, cando era do 38,6%, e en 2,4 puntos porcentuais en relación a 2009, cando era do 38,3%.
 
Así mesmo, destaca o caso das parellas casadas con dous fillos e unha única fonte de ingresos, para as cales a presión fiscal aumentou en 2,5 puntos porcentuais en comparación co ano 2000 e en 2,4 puntos porcentuais respecto a 2009, ata o 34,8%.
 
http://www.infolibre.es/noticias/politica/2014/04/11/espana_uno_los_paises_con_mayor_presion_fiscal_los_trabajadores_15695_1012.html

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript