Abril de 2014
 
 

NÚMERO 228 - 14/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
 

Xa temos manifesto do Correlingua 2014

"O paso adiante" é o manifesto gañador do Correlingua 2014, da autoría do grupo "Os Ameneiros" de 3º A da ESO do IES Isaac Díaz Pardo de Sada.

 

  • Noticias relacionadas

Este manifesto lerase en todas as festas finais do Correlingua entre o 5 e o 16 de maio.
 
Velaquí o MANIFESTO do Correlingua 2014:
 
GALEGO, O PASO ADIANTE
E nunca máis un paso atrás, NUNCA MÁIS!!!!
Trazamos un camiño
que arranca esta mañá co Cola-Cao e os cereais.
Bos días en galego, por que non?
Espreguízome con Doraemon, que saca do seu peto máxico o Xabarín Club.
Baixo os chanzos da escaleira, saio da casa co pé dereito, coa mochila e co noso galego.
E xa estou no mundo, no meu mundo, no teu mundo galego!!

 
GALEGO, O PASO ADIANTE
Miraremos atrás só para disfrutar do moito que avanzamos.

Os meus amigos espéranme na rúa,
- EH! Viches que cambiei o meu perfil?
Si, eu dei o paso adiante co galego.
A que esperas ti?
- Quen nos ía dicir que estaría ben whassapear en galego! Non si?
- Abofé que si.
GALEGO, O PASO ADIANTE
- Pincha hoxe mesmo no “hashtags”do teu Twitter:
#GALEGO
e verás cantos estamos conectados no mundo.

 
GALEGO, O PASO ADIANTE
Esta nosa Penélope que tece e tece no galego
e NUNCA DESTECE.
Paso a paso construímos un mundo novo, o noso mundo, o noso mundo futuro, co noso idioma galego. Somos NÓS os que decidimos onde empregalo, alí onde vaiamos: no instituto, na vila ou na cidade, tanto ten: virá con NÓS.

 
GALEGO, O PASO ADIANTE
Este fío invisible e forte que é a lingua vén ao noso carón alá onde vaiamos; ensinémoslla ao mundo en twiter, en facebook...
poñamos o xermolo en cada faro,en cada deserto,en cada estrada,en cada boca que desperta ao mundo.

 
GALEGO, O PASO ADIANTE
o paso que damos nós cara ao futuro,
nós, si
nós decidimos empregar a nosa lingua.

 
GALEGO, O PASO ADIANTE
Nos camiños do mundo enteiro, haberá un corazón galego que latexará co noso acento: sen pudor, sen vergoña , sen prexuízos que abafen a nosa valentía e a nosa responsabilidade de representar a Galicia.

Porque nos une, porque nos fai máis fortes e porque nos identifica na “tea dos teus soños” DÍAZ CASTRO.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript