Abril de 2014
 
 

NÚMERO 228 - 14/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Os contratos Labora traen cola

Os contratos Labora, uns contratos lixo disfrazados de contratos temporais de inserción traen cola. Para nós este tipo de contratación sempre foi un fraude de Lei, pois utilizouse para suplir as carencias de persoal propio contratándose á marxe dos procesos regulamentarios, mediante a contratación de traballadores en precario e que á universidade lle saían "gratis", sen respectar nin os seus dereitos nin os dos resto dos traballadores e traballadoras da propia universidade.

 

  • Noticias relacionadas

 

A universidade utilizou este tipo de contratación do mesmo xeito que utiliza aos bolseiros, coa finalidade de aforrar en salarios sen importarlle nin os dereitos laborais nin cumprir a legalidade.
 
Sabemos que a universidade ten que facer fronte a sentenzas que a condenan ao pagamento de importantes cantidades de diñeiro pola utilización deste tipo de contratación.
 
A universidade presume da súa boa xestión, do seu aforro e da contención do gasto, está claro que todos estes obxectivos realizounos machicando os dereitos laborais e sociais dos traballadores da institución.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript