Abril de 2014
 
 

NÚMERO 228 - 14/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL - GRECIA
 

Eurogrupo esixe a Grecia o despedimento de empregados públicos, recortes en sanidade e privatizacións

O presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, enviou por escrito ao goberno grego as condicións que deberá cumprir se quere acceder a próximos préstamos, e que foron publicadas este xoves polo portal financeiro Capital.

 

  • Noticias relacionadas

Na súa carta, datada o 7 de abril, Dijsselbloem estableceu como requisito para recibir o primeiro tramo de máis de 6.000 millóns de euros, a eliminación de 25.000 postos de traballo no sector público durante o presente mes, e o despedimento de 2.000 funcionarios no primeiro trimestre de 2015.
 
O documento tamén estipula que en xuño e xullo se deberán levar a cabo reformas no sistema de recadación e tributario que diminúan o presuposto da administración, pero tamén en materia de saúde, no mercado da enerxía e no sistema de pensións.
 
O novo memorando de préstamo contempla, entre outras cuestións, unha reforma fiscal, o impulso ao programa de privatizacións e a liberalización, en beneficio das grandes compañías, do mercado laboral e de numerosos produtos ata agora regulados.
 
As seguintes achegas económicas dependerán da marcha e implementación desas medidas, que só terán unha paréntese durante o mes de maio para axudar ao goberno grego na súa dobre cita electoral programada para final do mes.
 
CO

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript