Abril de 2014
 
 

NÚMERO 228 - 14/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  • OPINIÓN. Albert Sales
 

O cancro dos faladoiros

Reflexións ao fío do esperpento emitido por La Sexta a noite do 5 ao 6 de abril de 2014. Alfonso Rojo a Ada Colau: "Estás moi gordiña para a fame que se pasa"

 

Definitivamente os faladoiros e os tertulianos son un cancro para a comunicación. Persoas que cobran por opinar sobre calquera tema con total lixeireza e co obxectivo de ser polémicas, sen cuestionar demasiado a hexemonía ideolóxica, para repetir e repetir nos estudios ingresando cheques ao final de cada programa. Supostos "expertos en actualidade informativa" aos que pouco importa falar de política internacional, dos Presupostos Xerais do Estado, de pobreza ou de delincuencia. O bo tertuliano debe demostrar constantemente que coñece o tema sobre o que se debata aínda que non teña nin puñetera idea, recorrendo a argumentos simples e moi a miúdo demagóxicos. Opinións rápidas, inconexas e baleiras, en programas que se venden á audiencia como informativos e que non son nada máis espectáculo do malo.
 
Que un señor ou unha señora, avalados por unha cadea de televisión como expertos, se permitan ofrecer espectáculos lamentables como os que vemos constantemente nos faladoiros supostamente en antena, degrada o concepto de debate e transmite a idea de que calquera comentario baseado en prexuízos cotiáns pode vestirse de evidencia empírica cunha gravata e unha americana. Os programas de TV crean personaxes que viven das súas propias divagacións mentais e das súas propias excentricidades en lugar de xerar espazos de reflexión e de debate reais.
 
Na maioría de ocasións, cando se dignan a invitar persoas que realmente coñecen en profundidade os temas dos que se falan, a súa participación é demasiado educada para facerse oír. Para máis esperpento, cando unha persoa con información relevante aparece nun destes programas non adoita recibir remuneración ningunha. A membros de organizacións especializadas, a profesoras e investigadores universitarios... presupónselles a necesidade de facer chegar "a súa mensaxe" á cidadanía e espérase que estean agradecidos e agradecidas por ter dous minutos en pantalla para intentar transmitir o que levan estudando anos e traballando con intensidade.
 
Os faladoiros supoñen o triunfo dos frikis da comunicación. Frikis cuxo oficio é destruír a pouca capacidade crítica que queda no medio televisivo. Frikis como Maruhenda, Alfonso Rojo, Piar Rahola... Aquelas persoas que tanto admira unha parte da cidadanía pola súa "cultura", "erudición" e "oratoria", non son máis que desinformadoras masivas que ingresan un mínimo de 150 euros por aparición televisiva.
 
Recomendación bibliogràfica: Taibo, Carlos (2010) Contra os tertulianos. Madrid: Os libros da catarata

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript