Abril de 2014
 
 

NÚMERO 228 - 14/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Comisión de Asuntos Económicos

Na última reunión da Comisión de Asuntos Económicos do Consello de Goberno, tratouse o tema da devolución de parte da paga extra de 2012.

 

  • Noticias relacionadas

 

Informouse de que a Universidade tivo unha reunión coa Dirección Xeral de Orzamentos na que lle trasladaron a sentenza pola que lle teñen que aboar a parte devengada no 2012 a unha persoa do colectivo de PDI funcionario.
 
Tamén anunciaron á representación da Dirección Xeral de Orzamentos que están a espera de que cheguen dúas sentenzas mais nas que se estenden os efectos a un PAS funcionario e a un PDI laboral e na que se condena en costas á UDC a pagar 150 euros por cada unha delas. A universidade  recorreu polas costas e están a espera de que chegue o auto definitivo.
 
A xunta díxolles  aos representantes da UDC que asumirá o pago das cantidades que a UDC teña que.pagar por sentenza (non das costas).
 
O xerente di que a Universidade quere pagar pero que a posición da Xunta  entende que está obrigando aos traballadores e traballadoras a recorrer á vía xudicial para recuperar o diñeiro. Por parte da Universidade sinálase que non ten diñeiro para afrontar o gasto. Calculan que sería necesario 1 millón de euros aproximadamente e non dispoñen dese diñeiro. Na Xunta tamén están preocupados por este tema porque estas sentenzas son as primeiras pero saben que haberá máis
 
Nuria sinla que para universidade só en costas si multiplicamos 150 euros por cada interesado son moitos cartos.
 
Responden que está a punto de resolverse o recurso do TC e que entón a xunta terá que devolver esta parte,  prevén que o recurso se resolva antes do verán ou xusto despois.
 
No caso do Conflito Colectivo do persoal laboral entenden que a base argumental da Universidade é o suficientemente sólida para poder prosperar, e pensan que hai que agardar o ditame do Tribunal Supremo.

____________________________________________________________________________

 

A imposición da Xunta non pode ser admitida pola Universidade:

 

  • Porque a Universidade diante da Xunta ten a obriga de defender os dereitos dos traballadores e traballadoras  reclamando o orzamento necesario para sustentalos e un dos principais deses dereitos é o salario.
     

  • A intención da Xunta e, se acepta este procedemento, tamén da Universidade é retrasar indefinidamente o pago das cantidades ilegalmente recortadas, impoñendo, na práctica a obriga dos traballadores/as a recorrer se queren recuperar o diñeiro que lles roubaron.
     

  • A Universidade non pode aceptar o ridículo procedemento marcado desde a Xunta que lle obriga, por un lado a non aceptar a extensión da sentenza firme ao resto de traballadores e traballadoras, agardando aos sucesivos recursos, e, por outro lado, nin sequera lle ingresa as cantidades derivadas da imposición de costas que o feito de obrigar ao recurso conleva (a imposición de costas deriva precisamente da mala fe que supón a non extensión do dereito recoñecido na sentenza ao resto de traballadores /as). Ten cartos para isto a Universidade?.
     

  • A Universidade debe desistir de todos os recursos interpostos por este feito e reclamar á Xunta o orzamento necesario para reintegrar o diñeiro ilegalmente recortado.
     

  • Insistimos, o sr. reitor non pode, por máis tempo, seguir aplicando, sen máis, as políticas impostas desde a Xunta de Galicia. Ten a obriga de defender con contundencia á Universidade e os dereitos dos/das que formamos parte da Comunidade Universitaria.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript