Abril de 2014
 
 

NÚMERO 228 - 14/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  ECONOMÍA
 

O céntimo sanitario, un imposto ilegal recadado durante 10 anos

O Goberno de España recadou durante máis de 10 anos un imposto ilegal, contrario ao Dereito Comunitario, e o Tribunal de Xustiza da Union Europea esperou todos estes anos para decidir que efectivamente é ilegal.

 

  • Noticias relacionadas

O "céntimo sanitario" é un imposto supostamente destinado a fins sanitarios e ambientais que se pagaba a través do pagamento de hidrocarburos, en total, pagamos máis de 13.000 millóns de euros dende 2002. Cada Comunidade Autónoma aplicaba este "imposto especial" co obxectivo de solucionar problemas de liquidez da sanidade pública, pero en realidade ese ingreso "extra" destinábase ao que a comunidade consideraba oportuno e non necesariamente a políticas de saúde, ou se, porque probablemente pagar os amigotes do Goberno que empezaban a tecer a privatización da Sanidade, se consideraba política de saúde, e entre todos a financiamos con este "céntimo sanitario".
 
O Goberno de España dende os seus inicios sabía que era un tributo ilegal e aínda así seguiu estafando durante máis de 10 anos a pesar de varias sentenzas e denuncias.
 
Pero este Goberno, ten saídas para todo, para todo o que lles interesa, efectivamente, o céntimo sanitario foi derrogado a partir de xaneiro de 2013, e é o único que escoitamos de boca dos distintos ministros do Goberno, o que non explican é porque se mantivo durante tantos anos e onde foi parar todo ese diñeiro, e tampouco o que significou esa derrogación, pois sinxelamente significa que pasamos de pagar un imposto ilegal por chamarse "céntimo sanitario" a pagar un imposto legal por chamarse "imposto autonómico de hidrocarburos".
 
En 2013, tras varias ameazas de destapar a estafa do céntimo sanitario, o Goberno Español integra este imposto en imposto especial de Hidrocarburos e non de Sanidade co fin de cumprir coa lexislación.
 
Neste país se hai un imposto incompatible ou ilegal cámbiaselle o nome e punto, xa non se lles pode cuestionar nada. Poderiamos dicir que seguimos co mesmo can pero con distinto colar.

E digo eu, non pagamos xa suficientes impostos en materia de hidrocarburos? Pois creo que si, se mal non recordo, pagamos un 21% de IVE, máis un imposto Estatal Xeral, máis un imposto Estatal Especial e agora temos o imposto Autonómico.
 
Cando se chamaba céntimo sanitario, cada Comunidade Autónoma decidía se se aplicaba este imposto, só Euskadi, La Rioja e Aragón se abstiveron de aplicalo, e agora deixa de ser independente e o imposto Autonómico aplícase a todas as CC.AA sen excepción.
 
Pero, quen nos devolve este diñeiro agora? É absurdo pensar que alguén garda os recibos de combustible destes últimos 10 anos, ao final só as grandes empresas se beneficirán desta devolución se ao final se leva a cabo, e neste sentido volverán aparecer como sempre fraudes por parte das máis poderosas que sacasen tallada disto.
 
O cidadán segue sendo o saqueado, se fai falta diñeiro, só hai que tirar un pouco da corda dos que menos teñen, págase máis luz, máis auga, máis combustible, máis medicinas, máis en educación, auméntase o IBI, báixannos os soldos, conxelan as pensións, o obxectivo está ben claro, só sobrevive unha minoría privilexiada.
 
Vivimos baixo un Goberno ditatorial que decide e goberna baixo decretos de orde e mando, que pouco a pouco nos está a roubar os nosos dereitos. E só nós podemos recuperalos, porque non teñen dereito a roubarnos nin un só céntimos máis, chámese como se chame.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript