Abril de 2014
 
 

NÚMERO 228 - 14/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Eleccións sindicais PAS funcionario
Acabo de saber o resultado electoral e non me resisto a escribir. A APA consolídase como forza máis votada. Fronte a sindicatos con grandes “aparatos” detrás, un fato de mulleres, son case todas mulleres, non só mobilizan a traballadores e traballadoras contra os recortes e reivindican e denuncian en Consellos de Goberno e medios de comunicación, tamén xestionan o día a día dun xeito que unha gran parte do colectivo sabe apreciar.
Ánimo!.

 

Acción social
Comezamos co xogo do ano pasado, unha cantidade inicial irrisoria, o xerente e demais membros da dirección da universidade extenuados intentando atopar un euro no orzamento para pasalo a tan magnífica finalidade. Unha vez máis aparecerán uns diñeiros que xa de antemán saben onde están, intentarán que pareza que fixeron un grande esforzo pero impoñerannos, de novo, o copago. Tempo ao tempo. Ide pensando que imos ter un calco do ano pasado. Resultado, temos que subir a presión. Se o ano pasado non entramos no Consello de Goberno este ano temos que atravesalo. Que ninguén se esconda detrás das pancartas.

Paga extra 2012
Segundo o sinalado no comunicado da universidade, hai unha sentenza que xa non se pode recorrer, é firme, que obriga á devolución da parte que vai dende que comezamos a cotizar por ela até que se publicou o RDL, indica tamén que hai outras dúas sentenzas, de PDI e PAS que ditaminan a extensión de efectos desa sentenza primeira. É lóxico pensar que se xa hai dúas sentenzas nun sentido as que virán despois irán no mesmo camiño. Qué agarda a universidade para pagar esas cantidades?. Pretende que sigamos recorrendo, que solicitemos todas e cada unha de nós a extensión e gastemos o diñeiro na recuperación do que se nos roubou?.

Aguirre á fuga
Como seguro que estes días as cartas serán sobre eleccións, candidaturas… eu vou falar da lideresa. O impresentable PP que máis que un goberno é unha desgraza 'acostumou' aos seus fans ao feito consumado da impunidade para os seus dirixentes. Son intocables e eles creno porque a realidade ata agora o demostrou coas lixeiras excepcións de idiotas amortizados, tipo Camps. Os fans do PP nin sequera esixen que os seus dirixentes dean exemplo de condutas democráticas e a lideresa considérase por enriba do ben e do mal. Dende hai anos tennos afeitos aos seus desplantes faltóns de cacique reprimido. A pesar de todo creo que esta vez pasouse. Pero só porque bordea o ridículo, a nivel español. Hai tempo que ten os dous pés na zona do ridículo democrático e iso aquí resultaba ata rendible. Espero vela pronto xubilada.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript