Abril de 2014
 
 

NÚMERO 228 - 14/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  AUTOBOMBO
 

Galicia triplica o presuposto para a campaña de fomento da confianza na súa economía

O BOE recolle a licitación dun contrato para desenvolver e inserir en medios unha campaña de promoción da solvencia económica galega. 1,34 millóns están destinados á inserción de anuncios en medios (prensa, raio, TV e internet) e 60.000 euros, como máximo, irán parar á empresa adxudicataria da creación da campaña. En total, ambos os dous lotes suman 1,4 millóns de euros, case o triplo que en 2013.

 

  • Noticias relacionadas

O ano pasado, a Xunta de Galicia contratou a Imaxe Intermedia (unha habitual nestes concursos) unha campaña similar, denominada Galicia Emprende. Daquela, a contía era de medio millón de euros, 445.000 para pagar os anuncios en medios e 75.000 para a creatividade. En 2012 tamén houbo campaña nesta liña. Entó chamouse Galicia Competitiva e custou ao redor dun millón de euros.
 
Unha terra sólida
O obxectivo da campaña de 2014, que se publicitará durante un período máximo de tres meses, é sensibilizar a empresarios e sociedade en xeral, tanto galega coma do resto de España, da solvencia económica de Galicia. Así, ademais de publicitar a "cultura no traballo" e "saber facer" dos galegos, a campaña deberá poñer o foco nas calidades da comunidade autónoma como "unha terra sólida, unha terra na que confiar, tanto pola calidade das súas xentes, coma pola calidade das súas empresas e dos seus produtos".
 
As campañas de fomento da confianza na economía galegas non son as únicas que se repiten cada ano. Para 2014, o goberno liderado por Alberto Núñez Feijóo volverá publicar anuncios (cun custo de máis de 300.000 euros) para incentivar que os galegos teñan máis fillos. Así, repite a campaña de 2013, destinada ao mesmo fin, que custou 640.000 euros.
 
O BOE tamén recolle a formalización do contrato para realizar a campaña contra a fraude da Axencia Tributaria, adxudicada a JWT Delvico por uns 360.000 euros. Estes anuncios compleméntanse cos de información e asistencia tributaria, cuxa creatividade contratouse hai uns días a Persuade Comunicación por 150.000 euros.
 
[Artigo publicado no BOE noso de cada día]

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript