Abril de 2014
 
 

NÚMERO 228 - 14/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Acción social

O venres, día 28 de marzo na reunión da Mesa de Acción Social, a Xerencia emprazouse a facer un cálculo do orzamento dispoñible para a acción social do ano 2015. Como o tempo pasa e non da sinais de vida nós atopamos unhas partidas de onde a Xerencia, reitor e equipo de goberno poden acadar, se queren, a cantidade necesaria para volvernos, cando menos, o diñeiro que nos quitaron.

 

  • Noticias relacionadas

 

Para a provisión de fondos da acción social de 2014 a universidade pasou dun fondo inicial de 490.000,00 € a unha partida final de 724.517,25 €, a universidade pretende, segundo o que parece, proceder para a asignación de fondos do ano 2015 do mesmo xeito escuro que fixo no ano 2014. En principio só asegura a mesma cantidade inicial que para o ano 2014 (490.000€).
 
Por si acaso nós propoñemos que os aproximadamente 30.000€ mensuais que se aforran das cotizacións á seguridade social do persoal laboral funcionarizado desde principios do mes de xaneiro se destinen a acción social.
 
A Xerencia ten que poñer enriba da mesa, entre outros, os aforros derivados da xubilación definitiva dos docentes que ao cumprir os 70 anos deixan de percibir a ilegal xubilación outorgada graciosamente polo equipo de goberno, calculamos que serán máis de 150.000€.
 
Na reunión á que nos referimos, APA e CUT presentamos un documento de mínimos nos que trazabamos unhas liñas vermellas (fomos os únicos en facelo) para seguir na comisión. Temos claro e reiteramos que non imos ser os monicreques do reitor.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript