Abril de 2014
 
 

NÚMERO 228 - 14/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

PAS funcionario. Eleccións sindicais 2014

Polo aumento de persoal debido á funcionarización dunha gran parte do colectivo de PAS laboral, o día dez de abril realizouse a votación que ampliará a Xunta de PAS en 4 representantes.

 

  • Noticias relacionadas

 

As cifras de participación e votación son o reflexo da credibilidade e apoio do que conta cada candidatura dentro do colectivo.
 
A evolución dos últimos comicios realizados serven de referencia:
 

AGRUPACIÓN

ou SINDICATO

2007

2011

2014

Vot.

%

Rep

Vot

%

Rep

Vot

%

Rep

APA

 

 

 

98

30,72%

4

137

28,72%

1

CSIF

84

29,79%

3

85

26,64%

3

122

25,57%

1

CIG

118

41,84%

5

91

28,52%

4

96

20,12%

1

CCOO

80

28,37%

3

26

8,16%

1

68

14,25%

1

FUTURO UDC

 

 

 

 

 

 

28

5,87%

 

UGT

 

 

 

19 

5,95%

1

26

5,45%

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TOTAL VOTOS A CANDIDATURAS

282 (100%)

319 (100%)

477 (100%)

Votos nulos

4

3

20

Votos branco

34

18

29

Electores/votantes

378/320

444/340

651/526

Participación

84,66%%

76,57%

 

80,80%

 

O ataque sistemático, por un lado a todos os servizos públicos e, nomeadamente, á  Universidade pública e por outro aos nosos dereitos laborais, económicos,e sociais fai máis necesario que nunca a unidade de acción entre todas as traballadoras e traballadores e un posicionamento do órgano de representación afrontando con determinación todos os retos que se lle presentan.
 
Está moito en xogo, entre outros e incluso a curto prazo:
 

  • A nosa dignidade como traballadoras e traballadores non podemos permitir que á nosa costa se beneficien os de sempre.

  • Debido á endémica restrición orzamentaria que afectou ao noso colectivo, e do papanatismo sindical, a RPT , en moitos servizos, está infradotada, esta situación agrávase cos recortes. Hai compañeiras e compañeiros que teñen moita dificultade para poder gozar os días de asuntos particulares, dándose casuísticas como reiterados cambios de quenda e incluso a mobilidade de centro e, en moitos servizos, unha presión insoportable.
     

  • O futuro dos postos de traballo e, polo tanto, da atención á comunidade universitaria. Temos que superar as taxas de reposición “impostas” asegurando, como mínimo, a integridade da RPT. O equipo de goberno da universidade ten que implicarse (temos que obrigalo a que se implique) neste obxectivo.
     

  • Non permitir nin un só recorte máis. A acción social ten que, como mínimo, volver ao orzamentado no 2013 (nós si iremos á negociación cun plantexamento de mínimos)
     

  • Elaboración do catálogo de funcións, negociado e acordado entre a universidade e os seus traballadores e traballadoras, que sinale as tarefas reais que cada categoría profesional e posto específico leva aparellado.
     

  • A formación,. Entendemos que a formación xeral, a destinada á mellor capacitación e promoción dos traballadores e traballadoras debe ser un obxectivo básico que teriamos que compartir tanto a institución (máxime dedicándose esta ao ensino) como os traballadores e traballadoras, sen embargo a universidade enténdea como un luxo para o PAS (o orzamento redúcese ano a ano). Debemos, tamén, continuar coa presión para poder acceder, sen diminuír a da propia Universidade, á formación que proporciona a EGAP . O Plano de Formación debe ser avaliado, discutido e aprobado en asemblea.
     

  • Recuperación do diñeiro ilegalmente recortado. A Universidade debe tomar as medidas necesarias, e coa contundencia que a situación require, para que a Xunta incorpore ao orzamento da UDC a cantidade necesaria para efectuar, a todos e todas os traballadores e traballadoras, a devolución do diñeiro roubado. A Xunta e a Universidade deben xeneralizar os efectos das sentenzas favorables. A Universidade ten que desistir dos recursos presentados.

 
Como vedes os retos son moi importantes, a resposta debe ser, tamén, ao mesmo nivel.




 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript