Abril de 2014
 
 

NÚMERO 227 - 07/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  PLATAFORMA DE AFECTADOS POLA HIPOTECA (PAH)
 

Suicídase en pleno proceso de desafiuzamento

Un home de 52 anos, divorciado e con dous fillos, rematou coa súa vida na localidade alacantina de Els Poblets, España, en pleno proceso de execución hipotecaria.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo confirma a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) ao portal La Marina Plaza, o home "decidiu non sufrir máis" despois de varios meses de depresión, tras empezar o proceso de desafiuzamento.
 
O falecido contactou coa PAH hai algúns meses e pediu axuda para intentar solucionar a súa débeda hipotecaria co banco. Malia que as negociacións coa entidade sobre a dación en pagamento "estaban ben encamiñadas", o afectado non puido superar a situación.
 
A organización engadiu que o home xa intentara suicidarse en dúas ocasións. Tras o segundo intento, ingresou nunha unidade de psiquiatría. A PAH considera que o tratamento, con só catro días de internamento, foi inadecuado e insuficiente.
 
"Foi vítima do desleixo do sistema bancario e sanitario, dos recortes en sanidade que fixeron que se lle dera a alta cando aínda non estaba recuperado," conclúe a PAH.
 
A PAH asegurou que a sociedade está "organizada por un sistema económico que quere enriquecerse a custa do sangue e vidas de todos".
 
Recollido de Canarias-semanal.org

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript