Abril de 2014
 
 

NÚMERO 227 - 07/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  ENSINO
 

A Xustiza dá a razón á primeira profesora sancionada por vestir a camiseta verde

O movemento da comunidade educativa polo ensino público gañou esta semana unha batalla cargada de simbolismo nun contexto de presión aos docentes incómodos

 

 

Unha orientadora do IES Arcipreste de Hita de Vallecas (Madrid) gañou o xuízo pola sanción imposta en maio de 2011, por mostrar, no colexio concertado onde realizaba unha proba de avaliación, a camiseta verde que hoxe representa ao movemento en defensa da escola pública.
 
Por aquel entón, a peza de cor verde só a usaba a comunidade educativa de Vallecas, xa que non se impuxera aínda ningún símbolo común. Foi entón, a raíz da sanción á docente -quen non quere que apareza o seu nome porque o considera un fito colectivo-, cando a maior parte de profesores e estudantes comezaron a levar a peza. Tanto se estendeu a camiseta que, hoxe en día, o movemento pola educación pública chámase Marea Verde.
 
A directora do centro concertado elevou unha queixa ao inspector educativo, que chegou ao director da área territorial, Bonifacio Alcáñiz, quen finalmente impuxo a sanción á profesora. Un castigo que os seus compañeiros acusaron de exemplificante e espertou un gran sentimento de solidariedade entre o profesorado.
 
Posteriormente, a Consellaría de Educación desestimou o recurso da profesora, polo que esta deu un paso máis e denunciou a Comunidade de Madrid por sanción improcedente. Tiveron que pasar dous anos para que un xulgado, finalmente, dese a razón á docente.
 
La Marea

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript