Abril de 2014
 
 

NÚMERO 227 - 07/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  CONTRA A PRIVATIZACIÓN DOS REXISTROS CIVÍS E A REFORMA DA LOPX
 

Nova xornada de loita na xustiza o día 8 de abril

O 8 de abril están convocadas concentracións unitarias nas capitais de provincia contra a privatización dos rexistros civís e contra o anteproxecto de reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPJ) de Gallardón.

 

  • Noticias relacionadas

 

Se non o evitamos no mes de xullo entrará en vigor a nova Lei do Rexistro Civil. É imprescindible intensificar as mobilizacións para frear a súa implantación pois suporá para a cidadanía pagar por un servizo que, dende 1870 é gratuíto. Periga tamén, coa nova lei, a confidencialidade da información pois os funcionarios está obrigados á súa protección mentres ao caer en mans privadas esta circunstancia non estará garantida.
 
Facemos un chamamento a todos os traballadores e traballadoras da Administración Pública e á cidadanía a defender este servizo para que sega a ser público e gratuíto.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript