Abril de 2014
 
 

NÚMERO 227 - 07/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA GALEGA
 

Feijoo saca do caixón a Lei do Emprego Público

A Lei do Emprego Público, un novo ataque aos dereitos dos traballadores e traballadoras da administración pública de Galicia levaba case un ano metida nun caixón, agora parece que neste mes de abril, o executivo galego ten previsto mandar o anteproxecto de lei ao Parlamento de Galicia.

 

  • Noticias relacionadas

 

No mes de maio do ano pasado os sindicatos presentaran as alegacións reclamando á Xunta a iniciación dun proceso negociador para modificar substancialmente unha lei que fundamentándose na adaptación da actual Lei da Función Pública ao EBEP, entre outras moitas máis cousas, é unha afronta máis á autonomía universitaria e aos nosos dereitos adquiridos.
 
A Administración dende esa data deu a calada por resposta. Insinuou, primeiro, que se reuniría cos sindicatos en setembro, despois indicou que a a negociación remataría antes de decembro, pero non deu sinais de vida, agora, como sinalamos parece que quere envialo directamente, sen negociación, ao Parlamento. Toda unha mostra do xeito de actuar do goberno do PP.
 
Manterémosvos informadas/os

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript