Abril de 2014
 
 

NÚMERO 227 - 07/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Paga extra 2012

Estes días pasados falouse moito, tanto na prensa como entre os propios traballadores e traballadoras do reintegro da parte proporcional da paga extra de 2012 que o PP, ilegalmente, nos recortou.

 

  • Noticias relacionadas

 

A cuestión é que xa hai sentenzas do xulgado do contencioso-administrativo nº 3 da Coruña, que afectan a PAS e PDI funcionario, sobre as que non cabe recurso e que obrigan á Universidade a facer efectiva a parte devengada da extra de decembro de 2012, até a entrada en vigor do RD Lei 20/2012, de 13 de xullo (o 15 de xullo).
 
A Universidade entende que a sentenza firme é extensible ao resto de persoal reclamando á Xunta de Galicia a cantidade que deberá ser restituída a todas as traballadoras e traballadores, funcionarios e laborais.
 
Aínda así, que nós saibamos, a Universidade persiste  no recurso de Casación que interpuxo no Tribunal Supremo contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que a obrigaba a pagar a parte devengada da extra de decembro de 2012 ao persoal laboral.
 
Cuestión de inconstitucionalidade ante o Tribunal Constitucional: algúns Xulgados, o Tribunal Supremo e a Audiencia Nacional interpuxeron cuestión de inconstitucionalidade ante o Tribunal Constitucional, suspendendo novos ditames e/ou a extensión de efectos doutras sentenzas.
 
A medida tomada dende estes organismos xudiciais, impulsou aos representantes dos traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia a ter unha reunión cos representantes da administración autonómica para reclamarlles, como se está a facer noutras comunidades entre elas Extremadura, Castela e León…,  a  negociación do abono dos días devengados da paga de decembro de 2012.
 
Na reunión realizada o día tres de febreiro, os representantes da Xunta manifestaron que recorrerían todas as sentenzas negándose a calquera negociación.
 
Debido a estes antecedentes e como somos escépticas/os por natureza pensamos que a Xunta procederá coa reclamación da Universidade ben dando largas ou negando a transferencia orzamentaria que posibilite a restitución do roubado aos traballadores e traballadoras da Universidade.
 
De darse esta situación agardamos da institución que reivindique a cantidade necesaria para realizar a devolución do diñeiro recortado, coa contundencia que até agora lle faltou á hora de reclamar diante da Xunta o orzamento que lle corresponde á UDC e chamaremos, unha vez máis, á mobilización de todas e todos as/os traballadores e traballadoras
 
Reclamámoslle á Universidade o desestimento dos recursos interpostos e a devolución do ilegalmente recortado a todos e todas as traballadoras e traballadores da Universidade da Coruña.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript