Abril de 2014
 
 

NÚMERO 227 - 07/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Eleccións sindicais á Xunta de PAS
Hoxe comezaron a chegar polo correo electrónico os programas electorais dalgunhas das candidaturas que concorren ás eleccións sindicais de PAS funcionario. Mágoa ver como algunha presenta obxectivos que nin sequera aguantan a máis mínima análise. Na situación actual pensar en conseguir 15.000€ por 25 anos de traballo cando non somos capaces de obrigarlle a Armesto a manter a acción social soa (non, perdón é) un conto. Alternativas así só desprestixian a quen as fai, parece que as eleccións son para algúns sindicatos, que comezan sinalando que son de “clase” fan ben senón non nos decatariamos desa condición, como un programa deses da tv no que un charlatán fai énfase do bos que son uns coitelos, espremedores… vendéndonos un produto que todas sabemos que é falso. Ah, esquecíame, tamén teñen como obxectivo, entre outros do mesmo estilo, a prexubilación aos 55 anos e a xubilación anticipada aos 60, e non foron capaces, cando estaban no Comité de Empresa, de enviar unha simple listaxe de maiores de 58 anos que lles posibilitase a xubilación anticipada e a xubilación parcial coa regulamentación anterior á que agora está en vigor (isto último aféctalle tamén aos sindicatos CIG, CCOO, e USO que, daquela formaban parte do Comité). QUEN DA MÁIS?.

 

Eleccións sindicais PAS funcionario
Comeza a última fase do proceso electoral, entraremos dende o venres, día 4, na campaña electoral, nos programas, que é moi posible se parezan porque todos/as coñecemos os problemas e tamén sabemos o que queremos, temos que revisar, ou esixirlles ás candidaturas, que nos digan como pensan conseguir os obxectivos marcados.
Isto é moi importante porque está moi claro que só coa perspectiva da negociación non se conseguirán. É máis considero que, como non activemos medidas de resistencia e de presión dereitos tan importantes como a acción social poden volver a ser recortados.

Paga extra 2012
Do comunicado feito público pola Universidade no que sinala que, despois das sentenzas firmes do tribunal do contencioso-administrativo vai requirirlle á Xunta o diñeiro necesario para facer extensivo o pago a todo o persoal que se encontre na mesma situación xurídica. Dado que as sentenzas firmes son de persoal funcionario, pregúntome se o equipo reitoral ten pensado reclamar as cantidades que terá que restituír ao persoal laboral e aos que o eramos cando nos recortaron ese diñeiro. Pensa a UDC desistir do recurso interposto no Tribunal Supremo?.

Non se pode aceptar un recorte máis na acción social
A acción social ten que ser intocable, entendendo que debe incrementarse, refírome a que non pode diminuír, en momentos como os actuais onde nos recortan os salarios (un 35% desde que comezaron os recortes) e perdemos poder adquisitivo de xeito constante faise máis necesario que nunca que esta partida orzamentaria non se desmorone. Son consciente, tamén, que isto vai depender de nós mesmos. Temos que facerlle ver ao reitor que, de nada serve manter impolutas as contas da institución se isto se fai a conta dos traballadores.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript