Abril de 2014
 
 

NÚMERO 227 - 07/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE
 

O éxito da Columna Galega é de tod@s

Nos últimos días foron moitas as chamadas e mensaxes á CUT para parabenizar o traballo feito en prol do 22-M. Xa fora algo que constatamos na volta a Galicia no tren da Dignidade no mesmo día da mobilización de Madrid. É a evidencia da satisfacción polo obxectivo acadado. A resposta desde a CUT a est@s compañeir@s sempre foi a mesma, e querémola facer pública desde aquí.

 

  • Noticias relacionadas

 

A Executiva Nacional da CUT entende que efectivamente atinximos este primeiro obxectivo, que foi mobilizar a máis de 4000 galeg@s para o 22-M. Lograr vertebrar un movemento de masas en Galicia, que posibilitara a configuración dunha Columna Galega, a pesar do cerco mediático e do boicot activo duns poucos. Agora vén o difícil que é saber xestionar con intelixencia as esperanzas depositadas por amplos sectores obreiros e populares nas Marchas da Dignidade.
 
O traballo foi duro, claro que si. A campaña foi entendida pola maioría, que fixo que a participación plural fora unha realidade. Somentes pequenos grupiños desde posicións alleas á realidade, pasaron irresponsablemente cando non boicotaron o traballo. Pasou en todas as organizacións que formalmente participamos de cheo nas Marchas, tamén na CUT, onde sen dúbida o analizaremos axeitadamente. Sería un exercicio de hipocrisía ver o lixo do sectarismo e da inoperancia referencialista no ollo alleo, e non velo no noso propio ollo.
 
Afortunadamente estas posicións pasaron de minoritarias a residuais e o sentido común absolutamente maioritario impregnou o traballo en Galicia para o 22-M. Pero o máis importante é que desde a Executiva Nacional queremos subliñar publicamente:
 
Que o éxito do 22-M está no traballo feito por todas e cada unha das organizacións adheridas ás Marchas da Dignidade e que constituímos a Columna Galega. En primeiro lugar a CGT, SLG, SF-IN, STEG, SE e CUT no plano sindical, a EU, XXCC, STOP Desafiuzamentos, 15-M, FC-SM, FPG, Xeira, E Ecogaleguista, Anova, E.Anticapitalista, o espazo da economía social, os traballadores da Cultura e unha multitude de organizacións pequenas ou pequeniñas que puxeron o seu grao de area.
 
Desde a CUT o noso recoñecemento público ó voso traballo, á vosa axuda inestimable. As diferenzas, os perfís, os matices non foron quen de impedir a unidade e o paso seguro da Marchas. Grazas compañeir@s.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript