Abril de 2014
 
 

NÚMERO 227 - 07/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

O FOGASA segue atascado e tarda até 348 días en pagar aos despedidos

O Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) segue tardando ata 348 días en tramitar os expedientes de liquidación da cota, parte dos salarios e liquidacións pendentes de pagamento aos traballadores despedidos polas empresas en quebra.

 

  • Noticias relacionadas

 

Esta dilación vén sendo denunciada reiteradamente foi finalmente recoñecida pola ministra de Emprego, Fátima Báñez, en resposta á solicitude de datos da oposición. A incompetencia e a incuria administrativa, sempre contra os asalariados, provoca dano e sufrimento ás familias, pero o Executivo insiste en responsabilizar da situación os seus predecesores.
 
Se se aplicase a lóxica aplastante, os ministros e os altos cargos que teñen dereito a dous anos de indemnización (incompatible con outras remuneracións públicas e privadas) cando son cesados, deberían esperar case un ano a recibir a súa primeira paga.
 
Despois de sacar do FOGASA por decreto as pequenas empresas con menos de 20 traballadores, era de esperar que a menor carga de traballo permitise axilizar a tramitación dos salarios pendentes. Pero os datos revelan que máis de cen mil traballadores despedidos seguen sufrindo os atrasos dun organismo que se financia coas súas propias cotizacións. Para xustificar a incuria, o Goberno escúdase en "a herdanza envelenada" que recibiu fai dous anos e catro meses.

Ante as denuncias sindicais e a presión da oposición, a ministra Báñez contratou por seis meses a 28 interinos para toda España, procedentes de TRAGSATEC, filial da empresa pública TRAGSA, co fin de que alixeiren os expedientes embalsados. A propia TRAGSA despediu preto de 300 traballadores mediante un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que a Audiencia Nacional declarou ilegal e inxustificado o mércores pasado porque tivo beneficios. O contrato do Ministerio de Emprego para que a mencionada empresa achegue 28 interinos baséase no traballo ao axuste, "a tanto o expediente resolto" e finaliza en xuño, sen que se coñeza a porcentaxe de redución da demora no pagamento aos traballadores dun diñeiro que é seu.
 
O único certo é que o Goberno de Mariano Rajoy Brey segue tratando os asalariados coma se fosen selenitas, uns seres que espremían o aire e obtiñan zume alimenticio para si e as súas familias. E que o ministro de Facenda e máximo valedor de Báñez, Cristóbal Montoro, negou validez e certeza ao informe elaborado por Cáritas sobre a pobreza de centos de miles de familias, con especial crueza para os nenos. Posto que a organización dos católicos de base traballa con datos certos, enténdese que sor Lucía Caram (66.000 seguidores en Twitter, e subindo) haxa pedido ao falsario ministro que dimita. Queda claro que só evaporándose tería algunha posibilidade de pasar polo ollo da agulla do que falou Jesús de Nazaret.
 
Cuarto Poder

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript