Abril de 2014
 
 

NÚMERO 227 - 07/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo do Consello de Goberno do día 27 de marzo

O pasado 27 de marzo realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno da que non puidemos darvos información no anterior PASquín, aínda que con retraso, involuntario, facémolo agora.

 

  • Noticias relacionadas

 

O reitor:
Deu conta de que a CRUE informou desfavorablemente, no Consello de Universidades do día 20 de marzo, os dous proxectos de Reais Decretos que o goberno quere aprobar respecto das equivalencias de títulos, homologacións.
 
O xerente:
Informou da publicación da resolución sobre a Acción Social do 10 de marzo, que fai referencia á diminución proporcional desta partida para os dous colectivos, que para o PAS se materializa no copago da prestación do seguro médico e na redución da parte proporcional na convocatoria xeral de Acción Social, e no caso do PDI, na diminución das prestacións que tiñan no contrato do seguro de vida e accidentes.
Informou tamén da conclusión do proceso de eleccións do PAS laboral ao Comité de Empresa, así como da constitución da mesa coordinadora para as eleccións do PAS funcionario para a ampliación de 4 membros na Xunta de Persoal, fixadas para o 10 de abril.
 
O secretario xeral:
Con motivo da conmemoración dos 25 anos da UDC, pediu a colaboración e a participación de todos os membros da comunidade universitaria na celebración desta efeméride en eventos como xornadas, exposicións, e tamén falou do deseño dun logo específico. Informou tamén de que se designou una comisión organizadora que está buscando patrocinios para que, dentro da política de contención do gasto, esta conmemoración non supoña un aumento dos mesmo.
Algúns membros do CG ofreceron a súa colaboración en reunións científicas e congresos que xa están previstos nas súas facultades.
 
Todos os puntos da orde do día foron aprobados por asentimento.
 
Intervención de Nuria:
En rogos e preguntas. Solicitou que se cubran as prazas vacantes da RPT e queixouse dos cambios inadmisibles, de quenda e outros movementos de persoal que se están facendo no campus de Ferrol de xeito arbitrario, non regulado, e sen dar conta nin pedir informe deles aos órganos de representación do PAS. Pediu que cesen estes movementos xa que producen, claramente, un recorte dos dereitos dos traballadores e dos servizos que prestan.
 
O xerente non quixo circunscribir este problema ao campus de Ferrol, xustifica esta problemática no control do gasto no Capítulo I
 
Nuria non tivo opción a réplica, e ao remate do CG pediulle unha reunión ao xerente))

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript