Abril de 2014
 
 

NÚMERO 227 - 07/04/2014

   CUTUDC / Novidades

  ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
 

Declaracións totalmente inxustas do presidente da Organización Médica Colexial

Diante as declaracións do presidente da Organización Médica Colexial nunha conferencia xunto á Ministra de Sanidade Ana Mato nas que propoñía penalizar aos pacientes polo mal uso dos servizos sanitarios (como acudir aos servizos de urxencias de xeito innecesario) a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar:

 

  • Noticias relacionadas

 

  1. Que esta medida, ademais de inxusta, está destinada a culpabilizar aos cidadáns doentes dos problemas económicos da sanidade pública, coma se o mal uso dos recursos sanitarios pola poboación fose o responsable da insostenibilidade do sistema.
  2. Os auténticos culpables dos problemas económicos do sistema público teñen que ver cos recortes orzamentarios, o uso intensivo e inadecuado das tecnoloxías, o malgaste en aparataxe tecnolóxico (estamos á cabeza de Europa), o enorme gasto farmacéutico que segue crecendo pese ao copago, ou o financiamento privado dos novos hospitais que multiplica por sete os seus custos e que logo se regalan a empresas multinacionais e fondos de capital risco. En ningunha de etas cuestións os pacientes teñen responsabilidade algunha.
  3. Determinar a ineducación ou o uso abusivo dos servizos polos pacientes é en moitos casos difícil de determinar (incuso para os profesionais) e nalgúns casos é imposible.
  4. Esta medida pode condicionar enfrontamentos dos cidadáns cos traballadores sanitarios (responsables da avaliación) e poñer en perigo a saúde dos pacientes, que ante o temor de ter que pagar, atrasarían o momento de acudir aos servizos de urxencias ou ás consultas, o que podería poñer en risco a vida dos mesmos.
  5. Tanto a Organización Medica Colegial como o Foro da Profesión, presididas polo Dr. Sendín, non son representativos da profesión dada o baixo nivel de participación nas eleccións ou a escasa afiliación das organizacións que as integran, interesadas en dar un apoio a unha ministra absolutamente illada e rexeitada pola maioría dos sanitarios severamente castigados polos recortes. Que o Goberno publicara no Boletín Oficinal do Estado do pasado día 28 un decreto que destina fondos económicos para o denominado Foro da Profesión, pode explicar estas inaceptables declaracións.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript