Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 226 - 31/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Comisión de Formación

A Comisión de Formación, convocada pola Xerencia da Universidade, reuniuse o día 26/03/2014. Despois de tratar temas de xestión, case exclusivamente reclamacións e algún erro na programación, o xerente indicou que convocaba a reunión para tratar sobre o Plano de Formación.

 

  • Noticias relacionadas

 

A Xerencia sinala que o plano difundido é obra de toda a Comisión e froito das discusións e emendas de todos/as os/as representantes que a conforman. Manifestou, tamén, que é un proxecto aberto a novas aportacións e que, a pesares de desexar que se aprobe o antes posible, pode esperar o tempo necesario para que se discuta en profundidade nos órganos de representación pois interésalle máis a elaboración dun bo plano e o consenso que facelo ás presas.
 
Unha vez concluída a intervención do xerente pedimos que, para maior transparencia, se publiquen as actas das reunións da Comisión cos acordos acadados. A Comisión decide por unanimidade facer públicas as actas das reunións.
 
Solicitamos se realicen as accións necesarias para chegar a acordos que fagan posible a extensión da formación realizada a través EGAP ás traballadoras e aos traballadores da Universidade da Coruña. O xerente responde que, precisamente, facía uns 15 días, os xerentes das tres universidades galegas tiveran unha reunión cos responsables da EGAP para reclamar a formación que a Escola Galega de Administración Pública debe realizar respecto do PAS das tres universidades. O xerente sinalou que na EGAP teñen claro que teñen que contar co PAS e que están a estudar o acordo coas universidades.
 
Xa sobre o Plano de Formación Eugenia apunta a necesidade da elaboración dun Catálogo de Funcións negociado coa representación das traballadoras e dos traballadores.
 
O xerente indica que máis que de funcións interesa falar das competencias de cada posto de traballo. Sinalamos que os dous conceptos van intimamente vinculados. O xerente entende que o manual ten que se negociar cos órganos de representación aínda que se elabore a través dos “talleres” tal e como se recollía nunha anterior proposta de Plano de Formación:
 
“As competencias referidas á categoría e área de traballo, traballaranse en talleres de formación organizados do seguinte xeito:

  1. Primeira fase: Un único taller ao que se  convocará  aos Xefes e Directores de servizo, no que se traballará (ver no anexo I a composición deste grupo de traballo):
    • Concepto de competencia e aplicacións das mesmas.
    • Análise de sistemas de medida e recoñecemento de competencias propias.
    • Caso práctico que consista na formulación de competencias dos traballadores que ten ao seu cargo no servizo/unidade.
  1. Segunda fase: Talleres para cada servizo e/ou unidade de traballo, no que estarán convocados o Xefe ou Director do servizo/unidade, ademais dunha representación de todas as categorías e postos que forman parte do mesmo. Nestes talleres traballaríase sobre a base do creado no taller previo por cada xefe de servizo, modificando e validando as competencias referidas a cada posto. Este traballo realizarase en diferentes quendas, a primeira aparece reflexada no anexo I”.
 
Sinalamos que é preciso estender a discusión sobre o proxecto a todas as traballadoras e traballadores e apuntamos, incluso, á realización de asembleas conxuntas (PAS laboral-PAS funcionario) para discutir e aprobar o Plano de Formación.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript