Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 226 - 31/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE COMPLUTENSE DE MADRID
 

Comunicado do persoal da UCM ante o desaloxo policial do vicerrectorado o 26 de marzo

Ante o desaloxo policial dos estudantes que ocupaban o vicerreitorado da UCM Somos profesores, persoal administrativo e de servizos e persoal de contratas da Universidade Complutense de Madrid e pais de alumnos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Ante o desaloxo que se produciu esta mañá do vicerreitorado de alumnos por parte das forzas antidisturbios, que foron solicitadas polo reitor Sr. Carrillo, quixeramos manifestar o seguinte:
 
Que non é a primeira vez que entran os antidisturbios na nosa universidade. En menos de dous anos producíronse cinco intervencións autorizadas polo reitor. En todas elas producíronse detencións sendo máis de 50 as persoas detidas hoxe. Transmitiuse a imaxe de estudantes violentos que impiden o normal funcionamento da universidade. Parécenos intolerable que a UCM fomente esta imaxe de caos e violencia. Os estudantes encerrados no vicerreitorado de alumnos estaban a dar continuidade á loita pacífica que emprenderon en maio do ano pasado ocupando o Reitorado. Os estudantes da UCM trataban de reivindicar que o reitor cumprise a súa promesa de crear un fondo de bolsas de emerxencia, así como abrir unha folla de ruta de negociacións para paliar a expulsión constante de estudantes que non poden pagar as taxas universitarias. O recurso ás forzas antidisturbios para desaloxar o vicerreitorado é un reflexo da incapacidade das autoridades académicas para o diálogo e a negociación cos estudantes. Estamos convencidos de que o futuro da nosa universidade pública depende da nosa capacidade para asumir e solidarizarnos coas reivindicacións dos nosos estudantes. Esiximos que o Reitorado se interese polos estudantes detidos. Igualmente, que se comprometa a non presentar cargos,xa que, segundo nos informou o mando policial, non houbo ningún tipo de resistencia nin violencia por parte dos estudantes ante o desaloxo. Solicitamos que o Reitorado se comprometa a abrir unha negociación cos estudantes asumindo unha actitude de solidariedade e compromiso coas súas xustas reivindicacións. Pola nosa banda, solidarizámonos e damos apoio ás seguintes reivindicacións dos estudantes:
 
a) Redución das taxas universitarias ata o nivel do ano 2010
b) Que se axuste o nivel de renda para a concesión de bolsas a cada caso particular.
c) Que non se expulse por motivos económicos a ningún estudante.
d) Que se articule un plan de rescate d@s alumn@s expulsad@s ou pendentes de expulsión, con prazos concretos e asignación orzamentaria.
e) Que se axilicen os prazos de tramitación de bolsas.
f) Que se recuperen as bolsas de maternidade, Séneca e de mobilidade.
g) Que haxa transparencia en relación ao fondo de bolsas e ao presuposto universitario.
h) Que se aumente o presuposto de bolsas da UCM ata o nivel que impida a expulsión por motivos económicos.
 
Seguen sinaturas

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript