Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 226 - 31/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

O PP devólvenos outro día de asuntos particulares

Os traballadores e traballadoras da administración pública aínda somos, en número, un importante viveiro de votos no que o PP intenta "pescar" mediante a restitución, a contagotas, das migallas que supoñen os días de asuntos propios.

 

  • Noticias relacionadas

 

Outra tomadura de pelo do ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, que anunciou no pleno do Congreso que os funcionarios públicos van recuperar outro día libre dos tres suprimidos en 2012 como parte das medidas para reducir o déficit público.
 
O PP, que nos eliminou dereitos, recortou salarios e que está a dinamitar a administración pública, insúltanos, de novo, querendo reconciliarse mediante a restitución do máis superfluo.
 
Temos memoria, o “regalo” non lle servirá de nada, continuaremos chamando á mobilización de todos os traballadores e traballadoras da administración pública contra as brutais medidas, que nos precarizan e empobrecen, impostas dende a troika e levadas adiante polo monicreque goberno do PP.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript