Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 226 - 31/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  LOITA SOCIAL
 

Contra a corrupción. Manifestación o día 5 de abril, ás 20H. dende o Obelisco

Mentres políticos, empresarios e algúns funcionarios están mirando a hora, no seu rolex para ver cando toman o café, o pobo da Coruña sufre o desemprego e a exclusión social, pensando en como chegar a fin de mes.

 

  • Noticias relacionadas

 

Mentres políticos, empresarios e algúns funcionarios brindan con Vega Sicilia ou Champaña, o pobo da Coruña fai cola na cociña económica, e miles de nenos desta cidade pasan fame.
 
Mentres políticos, empresarios e algúns funcionarios van de vacacións ao caribe, o pobo da Coruña ten que ir camiñando de un barrio a outro porque o  prezo do transporte “público” non permite nin coller o bus.
 
Mentres políticos, empresarios e algúns funcionarios disfrutan de boas casas, o pobo da Coruña esta sendo desafiuzada das súas casas, facendo dun dereito básico, un privilexio para ricos.
 
Diante desta situación, onde políticos, empresarios e algúns funcionarios enriquécense a nosa costa e fan da corrupción e do mal goberno un “estilo de vida” o MOVEMENTO DE LOITA POPULAR  fai un chamado urxente a participación na MANIFESTACIÓN do sábado 5 de Abril, para iniciar o camiño de loita, para sacar do noso concello a estas políticos e empresarios, exemplo do que significa o capitalismo, CORRUPCIÓN, EXPLOTACIÓN e REPRESIÓN.
 
O pobo da Coruña non aguanta máis ver rir a estas samesugas, mentres se aproveitan do noso suor e das nosas penurias. Por iso é necesario a disolución do Concello Corrupto e a creación dunha Asemblea popular da Coruña, que loite pola construción dunha cidade xusta, solidaria, e onde as persoas sexan o máis importante, e non como fai o mal goberno que o único que fai é enriquecerse eles e as súas familias a golpe de pelotazos urbanísticos, de sobres cheos de cartos ou  de explotación laboral.
 
O SÁBADO 5 DE ABRIL PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN EN CONTRA DA CORRUPCIÓN

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript