Número 226- 31 de marzo de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

Mesa de Acción Social

    O venres, día 28, a Xerencia reuniu aos/ás representantes dos sindicatos e agrupación electoral con presenza nos órganos de representación do PAS e PDI para intentar colar un acordo para priorizar o gasto da acción social e lexitimar, ao mesmo tempo, un novo recorte na partida correspondente ao ano 2015. Na reunión estiveron presentes, por un lado o xerente, a vicerreitora de Planificación Económica e Infraestruturas e o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente, por outra parte a agrupación APA e os sindicatos CIG, CCOO, CSIF, UGT e CUT.

UNIVERSIDADE

    A Comisión de Formación, convocada pola Xerencia da Universidade, reuniuse o día 26/03/2014. Despois de tratar temas de xestión, case exclusivamente reclamacións e algún erro na programación, o xerente indicou que convocaba a reunión para tratar sobre o Plano de Formación.

UNIVERSIDADE - #AULASNARUA

    Se a primeira convocatoria reuníu a centos de estudantes, nesta preténdese que a mobilización sexa maior. Rúas e prazas volverán ser o escenario no que terán lugar varias clases e conferencias universitarias o próximo 30 de abril. Deste xeito quérese facer visible ante toda a sociedade o rexeitamento aos recortes que pretenden rematar coa universidade pública.

UNIVERSIDADE COMPLUTENSE DE MADRID

    Ante o desaloxo policial dos estudantes que ocupaban o vicerreitorado da UCM Somos profesores, persoal administrativo e de servizos e persoal de contratas da Universidade Complutense de Madrid e pais de alumnos.

PROFESORADO CELGA

    Os sindicatos CUT, CNT e STEG facemos pública a seguinte posición común perante o maltrato que vén de sufrir o profesorado CELGA por parte da Consellería de Educación, que pretende empregar os profesores de galego como esquirois para menoscabar os dereitos laborais das persoas que viñan impartindo os CELGA.

MÁIS REFORMA LABORAL

    A pasada semana, o presidente da CEOE, anunciou a intención de levar adiante propostas de afondamento na reforma laboral, tales como a revisión dos convenios colectivos, a flexibilización dos contratos, ou a baixa “excepcional” do Salario Mínimo Interprofesional.

LOITA SOCIAL

    Mentres políticos, empresarios e algúns funcionarios están mirando a hora, no seu rolex para ver cando  toman o café, o pobo da Coruña sufre o desemprego e a exclusión social, pensando en como chegar a fin de mes.

• OPINIÓN . Isaac Rosa

    É urxente desarmar os violentos antes de que aconteza unha desgraza. E postos a desarmar, empecemos por quitarlles a pistola aos policías que interveñen en protestas cidadás.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O 24 de marzo de 2014 constituíuse o Comité de Empresa de PAS laboral A composición do mesmo, determinada polas eleccións sindicais realizadas o 27 do mes pasado que estableceron unha ampla maioría para a CUT reflíctese tanto nos órganos de representación unipersoal como nos representantes das comisións.
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Os traballadores e traballadoras da administración pública aínda somos, en número, un importante viveiro de votos no que o PP intenta "pescar" mediante a restitución, a contagotas, das migallas que supoñen os días de asuntos propios.
 UNIVERSIDADE
    Os Comités da Coruña vimos de denunciar o deficiente estado no que se atopa o C.U.R. no Consello de Goberno que tivo lugar o día 27 e no que solicitamos que se solucionen de inmediato.
 MARCHAS DA DIGNIDADE
    As mentiras e falsificacións continuas dos feitos por parte da delegada do goberno en Madrid respecto do acontecido o pasado 22 de marzo resultan inadmisibles nun estado que se define de dereito.
 COMUNICADO DA CUT
    Ante a crecente campaña de intoxicación informativa promovida polo Ministerio de Interior español, a Executiva Nacional da Central Unitaria de Traballadores/as manifesta o seguinte:
 LINGUA - Paco Castro
    O vindeiro martes 1 de abril, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda terá lugar a presentación do libro "Nunha presa de terra" na que estarán o autor, Paco Castro Alvaredo, e Xosé Manuel Pereiro, Decano do Colexio de Xornalistas de Galicia. Será as 20:00 horas, no salón de actos con entrada aberta.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        POLO MENOS 50 DETIDOS NO DESALOXO DA VICERREITORÍA DA COMPLUTENSE

         
          A DIGNIDADE INUNDOU MADRID: MILLÓNS DE PERSOAS RECLAMANDO «PAN, TRABALLO E TEITO»

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript