Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 226 - 31/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

A prepotencia
Non só se nos recorta a acción social, non só se nos obriga ao copago, non só se nos impón a retroactividade, tamén se nos impide dicir o que pensamos da medida imposta e, máis grave aínda, se nos impide sinalar a cantidade que a Xerencia impón de copago na instancia pola que optamos ao copago do seguro médico. A Xerencia pretende eliminar calquera atisbo de desobediencia na medida imposta que quede reflectido por escrito. Coa súa decisión demostra o talante da medida e até que punto chega a súa prepotencia e descoñecemento da normativa.

 

Teño claro onde está a violencia
Teño claro onde está a violencia descarnada e non é só na porra dun UIP, eles son o Cancerbeiro do poder, un capitalismo caníbal. Úsanos como cans de presa, para ladrar, morder e meter medo, non vaia ser que saquemos os pés do prato e metamos o nariz onde non nos corresponde, aquí hai que limitarse a meter un papeliño nunha caixa cada catro anos e despois ver, oír e calar". Pero ata a eles os deixan sos, así se quedou desprotexida a unidade que se levou os paus, que se acostumen, están tan sos fronte ao poder como o estamos os demais. Non saio da miña casa armada máis que co meu DNI e a tarxeta dun avogado (mira que é triste ter que saír así a unha mani), non queimo colectores, non rompo escaparates, non tiro lixo ao chan, só berro ata desgañitarme.... ata hoxe non recibín un só pau, pero se algún día me vexo no medio, non vou levantar as manitas ao aire, non será politicamente correcto, non será a forma de facer as cousas ben, non será.... pero teño dignidade.

Cústame moito condenar a violencia
Miles, digo miles de manifestacións e nin unha concesión, nin tan sequera unha chamada ao diálogo, aos manifestantes (ben aos de Rouco si). Pregúntome para que serve un dereito democrático, cuxo exercicio reiterado miles e miles de veces, non provoca ningún resultado.
Decenas, de paus, prohibicións, desconsideracións e multas sen sentido e nin tan sequera os abusos documentados e filmados provocaron outro resultado que o intento de prohibir as filmacións. Pregúntome onde está o respecto aos cidadáns por parte de policías e políticos, hoxe tan indignados.
Millóns de mozos sen futuro e tamén sen presente, botados das aulas e explotados sen compaixón, os poucos que teñen traballo. A cambio unha orxía de corrupción de centos de millóns embolsados e distraídos por políticos mafiosos, que ademais reclaman aos policías, que os defendan, e mallen aos cidadáns. Pregúntome eu que catadura moral teñen eses presuntos representantes públicos.
Poderiamos falar tamén das preferentes, dos dereitos laborais, da dependencia, da educación e a sanidade, da auga e a electricidade, das pensións, dos salarios, dos impostos e a fraude fiscal, de ver como de todo iso os plutócratas e os seus cans lexislativos sacan negocio e beneficio, mentres existen cidadáns pasando fame, negros africanos colgados e esgazados polas concertinas ou afogados no mar, veteranos traballadores que saben que xa nunca máis volverán traballar e o seu destino é malvivir, de mulleres que non poderán decidir cando ser nais,......
Cústame, moito condenar a violencia duns mozos que chegaron ao seu nivel de aguante contra a violencia que sobre eles se exerce día a día.
Claro que hai que ter en conta, que o estado ten os medios, dispón as leis e outorgase o monopolio da violencia.... Os cidadáns non podemos gañar nunha confrontación dese tipo. Non temos o apoio e o financiamento de que dispoñen outras revolucións de cores.

A policía non é o noso inimigo
A policía non é o noso inimigo, é o trapiño vermello que o inimigo real nos pon para que arremetamos. Detrás, hai un muro de formigón armado. Creo que sería máis intelixente recordar nós e recordar aos policías, que eles tamén sofren recortes nos seus dereitos, que teñen coñecidos no paro, que teñen familiares enfermos, mal atendidos por culpa dos que están a desmantelar a Saúde Pública... e que os culpables de todo iso son os mesmos que a eles lles mandan darnos estopa. É dicir: recordalles, que o SEU inimigo é o mesmo que o O NOSO. E que o teñen xusto, detrás deles. Talvez así, consigamos gañar algunha vez. A policía, o exército e os xuíces, antes ou despois terán que optar entre a lei e a xustiza.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript