Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 226 - 31/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Mesa de Acción Social

O venres, día 28, a Xerencia reuniu aos/ás representantes dos sindicatos e agrupación electoral con presenza nos órganos de representación do PAS e PDI para intentar colar un acordo para priorizar o gasto da acción social e lexitimar, ao mesmo tempo, un novo recorte na partida correspondente ao ano 2015. Na reunión estiveron presentes, por un lado o xerente, a vicerreitora de Planificación Económica e Infraestruturas e o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente, por outra parte a agrupación APA e os sindicatos CIG, CCOO, CSIF, UGT e CUT.

 

  • Noticias relacionadas

 

Pretendíase que, partindo da base que se vai consolidar outro recorte na acción social, se tomase determinación sobre como afectaría ese novo recorte na matrícula gratuíta e sobre a escola infantil pois a universidade entende que, antes de abrir o período de matrícula, corresponde decidir sobre estes aspectos.
 
Intervimos para explicar os criterios de mínimos acordados entre APA e CUT para continuar coa nosa presenza na mesa de traballo.
 
Responde o xerente indicando que do que se vai falar é da acción social de 2015, a acción social do ano 2014 está resolta. Sinala, tamén, que as previsións para o ano 2015 son que non existirá orzamento suficiente para poder equiparar a acción social ao ano 2013.
 
A CIG di que non comparte exactamente o escrito presentado por APA-CUT sinalando que non é partidaria de negociar con liñas vermellas. Indica tamén que non vai a avalar os recortes.
 
CCOO manifesta que é imprescindible saber:
Se vai a haber acción social?
No caso de ser afirmativa esta cuestión. Qué porcentaxe da masa salarial?
Posteriormente decidir como se reparte.
Non se corresponde, polo tanto, este proceso coa pretensión da universidade.
Pensa que a institución ten que reconsiderar o procedemento para o establecemento da acción social, partindo dende cero. Pregunta de que cantidade se fala cando se indica que se manterá o crédito inicial.
 
O Xerente sinala neste punto que o crédito inicial, e mínimo, é de 490.000€ (recórtase, polo tanto, con respecto ao do ano 2014 nuns 234.517,29€). Pode darse a circunstancia, polo tanto, que o orzamento dedicado a acción social sexa incluso menor en 2015 que en 2014.
 
CCOO pregunta se pode sacarse o importe das matrículas a outro capítulo que non sexa o de acción social. Responde a Vicerreitora que a matrícula gratuíta non se vai quitar da acción social.
 
CSIF, despois de manifestarse contraria aos recortes, ve como alternativa o reparto individual da cantidade correspondente á acción social para que cada quen a empregue como queira.
 
CIG entende que a universidade debe por enriba da mesa o orzamento de 2013 para redistribuílo de xeito coherente.
 
A UGT concorda co sinalado pola CIG.
 
Sinalamos que os presentes somos representantes dos/das traballadores/as que no colectivo hai un gran descontento tanto co recorte como co copago e co xeito de levalo á práctica por parte da universidade. Que os traballadores e traballadoras teñen, por lei, a posibilidade de sinalar os aspectos que crean necesarios na instancia, máis, neste caso, porque o “Anexo” ven á marxe da Resolución e nel non se contempla ningunha indicación que o relacione coa referida Resolución, transformándose nun cheque en branco para que a institución poida sinalar unha cantidade diferente á establecida na Resolución.
 
O xerente indica que o/a que non estea de acordo que acuda ao xulgado.
 
O xerente sinala, finalmente, que van a estudar as cantidades para poñer enriba da mesa importes o máis aproximados posibles á realidade.
 
Insistimos en que non aceptaremos máis recortes e copagos. Que non conten connosco para unha pantomima de comisión que lles serva para lexitimar e consolidar o recorte da acción social. Xa advertimos na reunión que si a universidade non reconsideraba a súa posición actuaremos, mobilizándonos contra os novos recortes. Recriminamos aos sindicatos con representación no Consello Social a súa pasividade na aprobación dos orzamentos e reclamamos ao PDI a súa implicación nas medidas de presión.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript