Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 226 - 31/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Comités pide o arranxo e mellora do CUR

Os Comités da Coruña vimos de denunciar o deficiente estado no que se atopa o C.U.R. no Consello de Goberno que tivo lugar o día 27 e no que solicitamos que se solucionen de inmediato.

 

  • Noticias relacionadas

 

O C.U.R. é un edificio antigo e non está adaptado ás necesidades que o estudantado necesita. Nesta liña atopamos por exemplo que a rede WI-FI colápsase cando comeza a haber unha importante afluencia de estudantes e que non hai enchufes para conectar os cargadores dos ordenadores ou outros dispositivos electrónicos, só hai un enchufe por mesa e ademais ese enchufe atópase ocupado polas lámpadas, as cales non ofrecen unha boa iluminación e en moitas ocasións están fundidas. Ademais a falta dun sistema de ventilación provoca que ante a gran afluencia que ten o C.U.R. durante os períodos de exames convertan as salas de lectura en auténticas saunas, prexudicando con isto a concentración que ven buscando ao mesmo o estudantado.
 
Debemos ter en conta que o C.U.R. é un edificio de suma importancia para o estudantado xa que o C.U.R. é a sala de lectura máis concorrida pol@s estudantes na Coruña para prepararse durante o período de exames motivado entre outros factores pola proximidade, xa que a diferencia da Xoana Capdevielle (sala de lectura que se atopa no Campus de Elviña) atópase dentro da cidade, co cal @s estudantes poden estudar ser estar condicionad@s polas horas de servizo do bus urbano.
 
Alén diso, os Comités tamén propuxemos que se cree algún tipo de ferramenta telemática que lle permita ao estudantado coñecer a cantidade de postos vacantes nas distintas salas de lectura das que dispón a Universidade da Coruña, que se habilite unha das aulas da planta baixa do C.U.R. ou que se dispoñan varias mesas nas proximidades da escaleira da mesma planta para @s estudantes que necesiten un lugar no que falar para traballar en grupo e que se instale algún microondas xunto ás máquinas expendedoras para poder quentar a comida que moit@s estudantes levan preparada en friameiras para evitar ter que volver á casa a xantar ou cear.
 
Páxina dos Comités

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript