Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 225 - 24/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Plano de Formación

Para ter coñecemento do acontecido nas reunións da Comisión de Formación reclamaremos que se fagan públicas as actas. O proxecto de Plano de Formación presentado pola Comisión de Formación, saca á luz as carencias que o colectivo de PAS ten, tanto a nivel de catálogo de funcións como a nivel das accións formativas que, as traballadoras e traballadores recibimos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Para poder realizar un plano de formación realmente relacionado coas funcións de cada posto de traballo é imprescindible previamente coñecer as tarefas reais que cada categoría profesional e posto específico leva aparellado. É dicir. un catálogo de funcións negociado entre a Universidade e a Xunta de PAS e o Comité de Empresa de PAS.
 
Rexeitaremos a imposición dun catálogo sen se negociar coa representación das traballadoras/es. Cando se fala de que “Todos os postos de traballo deberán ter asignadas competencias profesionais nestes tres niveis” (COMPETENCIAS INSTITUCIONAIS, COMPETENCIAS DE CATEGORIA, COMPETENCIAS DA ÁREA DE TRABALLO), non se sinala con que criterios se elaborará, quen o elaborará, cómo se elaborará.
 
Rexeitamos, tamén, que as “COMPETENCIAS INSTITUCIONAIS”, porta pola que a Universidade pretende colar, sen previa negociación a súa “visión do plano estratéxico da UDC”, sexan de determinación exclusiva pola Institución. Hoxe centradas en aspectos xerais (Comunicación. Orientación ao usuario. Traballo en equipo. Uso de novas tecnoloxías. Responsabilidade social. Calidade) pero, na medida que non son negociadas ben na súa aplicación ou na súa modificación, ao seren decididas de xeito unilateral poden repercutir negativamente nos dereitos das traballadoras e traballadores.
 
Pensamos, por outra parte, que, a elaboración do catálogo de funcións, permitiría separar o plano de formación do interese, ou non, dos/das xefes/xefas de servizo e permitiría o establecemento de bases máis estables para os procesos formativos.
 
No que se refire á “Avaliación e certificación de competencias”. Se o que se pretende é o recoñecemento, a solicitude da/do propia/o traballadora/or da formación adquirida á marxe da formación regrada, a redacción non corresponde con esa intención.
 
Entendemos, tamén, que debemos aproveitar a circunstancia para situar a figura do xerente nun plano diferente ao establecido no Plano de Formación, no que aparece, non só como a cabeza da Comisión de Formación (ostenta a presidencia) senón que se arroga a determinación, por exemplo, do carácter obrigatorio ou non do/s curso/s, deixando á Comisión nun segundo plano quedando limitada a súa actuación á emisión dun informe.
 
Consideramos que, como no actual Plano de Formación (votamos no seu momento en contra), moito do que na proposta se sinala é rexeitable e/ou mellorable.
 
Que entre os obxectivos do Plano apareza “Adecuar as persoas nas competencias requiridas para os seus postos de traballo, de xeito que para poder acceder a certos postos se valore, expresamente, ter a formación necesaria para realizar as tarefas que se vinculan ao posto, entendemos que se presta a un uso perverso da formación tanto para acadar unha praza como para promocionar.
 
En todo caso, se considerabamos rexeitable o que actualmente está en vigor, temos a obriga de melloralo. Participaremos na Comisión de Formación coa intención de aportar e agardamos se reconsideren moito do contido na proposta.
 
Como sindicato asembleario entendemos, tamén que corresponde discutilo e, en definitiva, aprobalo ou rexeitalo coa participación de todas/os

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript