Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 225 - 24/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE
 

Marchas da dignidade, primeiro obxectivo cumprido

Máis de dous millóns de traballadores e traballadoras na que xa forma parte da manifestación máis grande da “democracia”, demostramos en Madrid coas marchas internacionalistas da dignidade que se a indignación que as políticas executadas ao ditado da troika, consistentes no roubo de dereitos, liberdades e o empobrecemento xeneralizado da maioría social, se mide polo apoio popular o seu obxectivo está cumprido.

 

  • Noticias relacionadas

 

Aos seis millóns de desempregadas/os, xúntase o "desmantelamento" da Sanidade, Educación e Dependencia, mentres recortan os dereitos sociais, laborais, nos servizos públicos… non houbo ningún recorte á hora de inxectar decenas de miles de millóns de euros para salvar aos bancos e especuladores asumindo, deste xeito, como pública unha débeda ilexítima. Ademais, denunciamos, tamén coas Marchas da dignidade, os desafiuzamentos, a reforma do aborto do ministro Gallardón a mordaza que nos queren impoñer para acabar coas liberdades básicas.
 

 

 
O que se pretendeu a través desta convocatoria é aglutinar todas as mareas, toda a indignación que até agora se mobiliza dun xeito atomizado para conxugala e dende este posicionamento transcender o propio día 22 para darlle continuidade reivindicando unha folga xeral indefinida até a derrota do sistema

 

  


 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript