Número 225- 24 de marzo de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

Plano de Formación

    Para ter coñecemento do acontecido nas reunións da Comisión de Formación reclamaremos que se fagan públicas as actas. O proxecto de Plano de Formación presentado pola Comisión de Formación, saca á luz as carencias que o colectivo de PAS ten, tanto a nivel de catálogo de funcións como a nivel das accións formativas que, as traballadoras e traballadores recibimos.

MARCHAS DA DIGNIDADE

Marchas da dignidade, primeiro obxectivo cumprido

    Máis de dous millóns de traballadores e traballadoras na que xa forma parte da manifestación máis grande da “democracia”, demostramos en Madrid coas marchas internacionalistas da dignidade que se a indignación que as políticas executadas ao ditado da troika, consistentes no roubo de dereitos, liberdades e o empobrecemento xeneralizado da maioría social, se mide polo apoio popular o seu obxectivo está cumprido.

UNIVERSIDADE

    Hoxe luns, día 24, constitúese o Comité de Empresa. Aparte do acto oficial (aprobación do Regulamento de funcionamento do órgano e elección de presidente/a e secretario/a) xa comezaremos a analizar as primeiras cuestións que tanto a institución (Plano de Formación) como os/as traballadores/as nos sinalaron.

UNIVERSIDADE

    A Universidade que, segundo vos informamos, recorreu a sentenza que a obriga a pagar a parte proporcional da paga extra de 2012 desde o 01/01/2012 e o 14/07/2012. Mentres que a universidade decide non efectuar o pago das cantidades que lle correspondería aboar ao PAS, pagará ao PDI con sentenzas semellantes, as cantidades recollidas nas correspondentes sentenzas.

OUTRA DE “EXPERTOS”

    Chama a atención que o comité de sabios e expertos convocado polo ministro de Facenda para revisar a cuestión dos impostos chegase exactamente ás mesmas conclusións da Patronal: hai que subir os impostos indirectos e baixar os directos. Así dá gusto.

• OPINIÓN . Isaac Rosa

    Se calquera das centos de mulleres e homes que levan semanas sumando quilómetros nas Marchas da Dignidade dixesen que están cansos, comprenderiámolo. O problema é quen estamos cansos sen andar un só quilómetro, quen nos esgotamos só de pensar no camiño, quen nos quedamos sentados ou arrastramos os pés cunha fatiga de anos.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O día 27 de marzo, realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno, como sempre aproveitarase a dita reunión para transmitir as preocupacións e reivindicacións do colectivo.
 UNIVERSIDADE
    O reitor, que impuxo o recorte na acción social, impón, tamén, o copago e o recorte con efecto retroactivo tanto do seguro médico como da acción social alternativa. A Xunta de Persoal ven de presentar un modelo de escrito de rexeitamento individual da medida imposta. Apoiamos a iniciativa e animámosvos a presentar o impreso que tamén xuntamos.
 LINGUA - ProLingua
    No facebook de ProLingua do pasado 11 de marzo Adrián Blanco expuña unha dúbida sobre o topónimo A Coruña e preguntaba“por que non se usa a palabra A Cruña coma forma oficial?”.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      RAJOY BUSCA O APOIO DOS SINDICATOS E A PATRONAL PARA "IMPULSAR A RECUPERACIÓN"

       
        FLOTA DO CERCO

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript