Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 225 - 24/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

A decisión do sr. reitor debe ter consecuencias
No impreso co que o xerente nos agasallou a semana pasada temos, métenos ás que eliximos o seguro médico, nunha situación problemática. Aceptamos o copago retroactivo ou non?. Se, simplemente enchemos o impreso e o rexistramos, damos por bo o recorte e o copago retroactivo. Non se debería proporcionar unha instancia na que se recollese o noso desacordo coa medida e engadindo tamén o noso rexeitamento ao copago retroactivo?.
 
Recibimos tres escritos nesta mesma liña, eliximos para reproducir o primeiro que nos chegou.
 
(A Xunta de Persoal, despois de barallar varias posibilidades xa transmitiu un impreso no que sinalar o desacordo individual coa medida)

 

Outra vez os expertos tocándonos as…
O grave problema é que se os expertos non son independentes (e como di Vincenc Navarro dun tempo a esta parte os principais economistas están subvencionados polo sistema bancario e financeiro), e non teñen como misión o ben común, sempre van remar en sentido contrario aos intereses da maioría, que é o que acontece favorecendo coas súas ideas e propostas aos poderosos, que lles pagan ben polos seus servizos.

Expertocracia?
Os expertos económicos, sono sempre de parte. A argucia dos políticos que nos gobernan, é a utilización dos expertos ad hoc para que determinen as políticas que serven a intereses, polo xeral inconfesables, alleos ao social e non xustificables politicamente. Non, non é expertocracia, é unha escusa para o espolio social que utilizan os sicarios do capital, os nosos gobernantes.

Eu non me apreto máis o cinto
Rebélome sempre que encontro ocasión, non me dou por vencido e trato de implicar a todo o que teño ao meu arredor. É un labor arduo e difícil, a incomprensión de moitos faite ás veces mesmo dubidar das túas propias forzas, pero nunca das túas conviccións. Isto temos que paralo entre todos e non existe outro xeito que facelo na rúa e nas urnas. Para iso hai que seguir co labor pedagóxico, coa sensibilización dos máis duros de miolos, dos acomodaticios e os inanes. Non podemos rendernos, isto non pode durar máis que esta eterna lexislatura, logo haberá que volver recompoñer todo este estrago, teremos que traballar duro para volver poder durmir sentíndonos en paz connosco mesmos.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript