Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 224 - 17/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Reunión da Xerencia coa Xunta de Persoal

O pasado día 13 realizouse unha reunión entre a Xerencia e a Xunta de Persoal na que entre outras cousas, se trataron asuntos tan importantes como a acción social, roupa de traballo, cambios de quenda, o sucedido no CAU, Plano de Formación…

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Polo que soubemos do tratado e resumindo moito:
 
Acción Social: requírese ao xerente que reconsidere a aplicación retroactiva do copago, tanto do seguro de asistencia médica como da axuda social. O xerente quedou en facer un cálculo económico do que suporía.
 
Roupa de traballo: Decídese agardar a que se leve a termo a ampliación da Xunta de Persoal na que se supón se incorporarán traballadores e traballadoras recentemente funcionarizadas coñecedoras da problemática para tomar as decisións que correspondan. Negociarase, tamén, unha nova regulación. A Xunta de Persoal requiriu datos do custo.
 
Traballadoras/es que perciben axuda por ter ao seu cargo diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais: A Xunta de Persoal requiriu datos do número e custo das axudas para o seu mantemento aos traballadores/as que agora a teñen asignada e a súa extensión ao resto do colectivo.
 
Cambios de quenda: Negociarase unha nova regulamentación que teña en conta todas as casuísticas (na que se terán en conta tamén as comisións de servizo, cobertura de baixas…)
A Xunta de Persoal require ser informada previamente á posible alteración da situación das e dos traballadores.
 
CAU (Centro de Atención ao Usuario): O xerente xustifica a implantación do control, a través da ferramenta de incidencias, no retraso da implantación dos escritorios virtuais.
A Xunta de Persoal respondeu que a burocratización do control de incidencias restará eficacia na súa resolución. Instan á Xerencia a que reconsidere a implantación da medida e reclaman información sobre os cambios de adscrición do persoal.
 
Plano de Formación: A Comisión de Formación pide informe á Xunta de Persoal.
A Xunta de Persoal solicita á Xerencia máis información sobre a aplicación concreta, calendario , implicación na carreira profesional e na RPT.
A Xunta de Persoal tratará este asunto na vindeira reunión.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript