Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 224 - 17/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA DE GALICIA
 

Un xulgado de Lugo recoñece o dereito dos/das traballadores/as do Consorcio a percibir todas as pagas extra de 2013

Feijoo e o seu sistemático recorte dos salarios das traballadoras e traballadores da Administración Pública de Galicia tropeza de fronte coa xustiza que ditamina de xeito reiterado na súa contra.

 

  • Noticias relacionadas

 

Esta vez o Xulgado do Social nº 1 de Lugo, en sentenza por un Conflito Colectivo presentado polo persoal do Consorcio, de data sete de marzo de 2014 ven de determinar a improcedencia da redución das retribucións dese persoal durante o ano 2013 e o dereito a percibir as pagas extraordinarias correspondentes ao ano 2013 na súa totalidade.
 
O xuíz entende que na aplicación da redución salarial vulnerouse o Estatuto dos Traballadores. Na sentenza determínase que  "non se desprende suficientemente qué complementos foron tidos en conta para levar a cabo as reducións salariais nin se corresponden co complemento específico anual a que se fai referencia na Lei de Orzamentos"
 
Haberá que estudar a sentenza para, se é posible, repetir o procedemento na nosa universidade.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript