Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 224 - 17/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  O NAVAL EN LOITA
 

O Naval de Ferrol e Fene levan as protestas ao concello fenés

O día 12 @s traballadores/as de Navantia e das súas empresas auxiliares de Ferrol e Fene, estaban convocados a manter un encerro ata as 16:00 h., momento no que saían tod@s nunha marcha de Ferrol con dirección ao concello de Fene.

 

  • Noticias relacionadas

 

O percorrido foi pola Avda. de Esteiro, A Trinchera, polígono da Gándara, e ponte de As Pías, lugar de encontro entre a marcha de Ferrol e a procedente de Fene, posteriormente xuntas marcharon cara ao concello fenés, onde se deu lectura a un manifesto de indignación.
 
O próximo xoves, día 27 de marzo, está convocada unha concentración diante da sede de Facenda, de As Telleiras.
 
Ver fotos da marcha.
 
Susete Ferrol

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript