Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 224 - 17/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE
 

Esgotadas as prazas do tren das Marchas

Os dous trens contratados para acudir á Manifestación das Marchas da Dignidade do vindeiro 22 de marzo en Madrid xa teñen todas as prazas ocupadas. Desbordáronse as previsións. Cos trens cheos póñense en marcha agora autocares para facer o desplazamento. Para máis información preme aquí.

 

  • Noticias relacionadas

 

De feito, as peticións superaron todas as previsións e lamentablemente houbo quen non puido contratar a tempo a súa praza. En todo caso, este dato amosa a grande repercusión que están a ter no noso País as Marchas da Dignidade, malia o case total bloqueo informativo imposto desde os medios do sistema, e proba ademais a súa necesidade: o cambio social que ferve nas rúas quere abrollar tamén no corazón do estado español que ese día vivirá unha xornada de verdadeiro pulo revolucionario.
 
A bandeira estrelada galega, xunto coa catalá e a vasca, brillará ese día en Madrid esixindo a ruptura co sistema emanado dos pactos da Moncloa, a Monarquía, a Paz Social e a unidade indisoluble do estado español.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript