Número 224- 17 de marzo de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

Acción social. O copago progre

    Na resolución do día 11 de marzo o xerente levou a efecto a determinación do goberno da universidade de impoñer o copago na acción social, concretamente no seguro médico e a correspondente diminución económica na convocatoria xeral de axudas. O reitor, o xerente e os demais compoñentes do goberno da universidade, moi progres eles, xa non poden atribuírlle a Feijoo ou a Rajoy a exclusiva dos recortes. O recorte na acción social (non só afecta ao seguro médico) é só responsabilidade de Armesto e do seu equipo.

UNIVERSIDADE

    Hai moitos xeitos de referirse á mentira nos ditos populares ( seguro que sabedes rematar as seguintes: a mentira ten as patas moi cortas máis tarde ou máis cedo….. Cóllese antes a un mentiroso…). Isto sucedeu á hora de que Xerencia e os responsables do Servizo de Informática e Comunicacións deran explicacións sobre o control que sobre a actividade do CAU se intenta implantar.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA DE GALICIA

    Feijoo e o seu sistemático recorte dos salarios das traballadoras e traballadores da Administración Pública de Galicia tropeza de fronte coa xustiza que ditamina de xeito reiterado na súa contra.

MARCHAS DA DIGNIDADE

    Os dous trens contratados para acudir á Manifestación das Marchas da Dignidade do vindeiro 22 de marzo en Madrid xa teñen todas as prazas ocupadas. Desbordáronse as previsións. Cos trens cheos póñense en marcha agora autocares para facer o desplazamento. Para máis información preme aquí.

10 DE MARZO DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

    Na tarde do día 10, no barrio obreiro do Calvario, en Vigo, transcorría a homenaxe aos obreiros Amador e Daniel, mais non só. A CUT organizaba no Día da Clase Obreira Galega unha homenaxe a todas as obreiras e todos os obreiros que de maneira anónima e mesmo invisibilizada viñeron e veñen impulsando ao longo da nosa historia a roda dentada da dignidade obreira.

INTERNACIONAL

    Centrais sindicais de traballadores de Paraguai anunciaron que realizarán unha folga xeral o próximo 26 de marzo contra os axustes e en repudio da Lei de Alianza Público-Privada (APP)

INMIGRACIÓN

    O colectivo Caminando Fronteras, que traballa en Marrocos dando atención sanitaria aos emigrantes, acreditou con ditames médicos que polo menos 15 dos inmigrantes que intentaron entrar en grupo en Ceuta o pasado 6 de febreiro sufriron "lesións traumáticas" e que un dos falecidos presentaba unha "circular" na cara como posible resultado do impacto dunha pelota de goma.

• OPINIÓN . Isaac Rosa

    Esquézaseche a molesta "operación bikini": a mellor forma de conseguir un cuerpazo para o próximo verán é deixar de comer donuts e de beber coca-cola. Unhas cantas semanas sen probalos, e xa verás como esa tripiña desaparece.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O pasado día 13 realizouse unha reunión entre a Xerencia e a Xunta de Persoal na que entre outras cousas, se trataron asuntos tan importantes como a acción social, roupa de traballo, cambios de quenda, o sucedido no CAU, Plano de Formación…
 UNIVERSIDADE
 MARIÑEIROS EN LOITA
    Nesta fase da crise a loita de clases tórnase xa completamente aberta e sen camuflaxes. As imaxes de onte en Santiago das forzas represivas do estado español mallando nos mariñeiros galegos que defenden o seu dereito a un futuro digno e produtivo, amosan, ademais, o carácter nacional da loita da clase obreira galega, que para acadar a súa supervivencia ten que enfrontar tamén os atrancos impostos pola relación colonial do estado imperialista español.
 O NAVAL EN LOITA
    O día 12 @s traballadores/as de Navantia e das súas empresas auxiliares de Ferrol e Fene, estaban convocados a manter un encerro ata as 16:00 h., momento no que saían tod@s nunha marcha de Ferrol con dirección ao concello de Fene.
 CRISE - ESTAFA
    A débeda pública do estado español marcou outro máximo ao alcanzar o 93,9% do Produto interior bruto (PIB) en 2013, segundo datos oficiais publicados este venres.
 LINGUA - Xela Cuñarro Otero
    Non me lembro da primeira vez que escoitei falar de Rosalía de Castro. Crecín con ela, a súa poesía acompañoume ó longo da miña vida, sempre da forma brillante e perfecta na que só ela soubo cantar e entender a alma e a forma de sentir da súa xente, de todos/as nós.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      OS XUBILADOS QUE ADQUIRIRON PREFERENTES NON ERAN "IGNORANTES FINANCEIROS", AFIRMA BLESA

       
        COMEZA A CAMPAÑA ELECTORA ÁS EUROPEAS

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript