Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 224 - 17/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  CRISE - ESTAFA
 

Novo récord de débeda pública do estado español

A débeda pública do estado español marcou outro máximo ao alcanzar o 93,9% do Produto interior bruto (PIB) en 2013, segundo datos oficiais publicados este venres.

 

  • Noticias relacionadas

 

En total, a débeda das administracións públicas españolas alcanzou os 960.640 millóns de euros no cuarto trimestre de 2013, o que supón un aumento do 8,6% respecto ao mesmo período do exercicio anterior (884.731 millóns de euros).
 
En 2012 a débeda pública situouse no 86%.
 
O goberno prevía que a débeda pública pechase 2013 no 94,2% do PIB.
 
Para este ano a Comisión europea augura que a débeda pública do estado español alcance o 98,9% do PIB.
 
A transfusión permanente de diñeiro público á banca e empresas privadas está na orixe desta circunstancia. Empobrecémonos todas e todos endebedándonos “por riba das nosas posibilidades” para pagar a corrupción sistémica.
 
Ansa

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript